Tempo de unidade

Falaron os cataláns e fixérono cunha participación moi alta. Os resultados indican dúas caras contrapostas. Primeiro: o independentismo gañou as eleccións sobradamente pero non superou o 50%. E segundo: a maioría dos cataláns ansían a que se lle recoñezan uns dereitos e blindaxes políticos e económicos que hoxe a Constitución non permite.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 06/10/2015

Comparte esta noticia
As demais lecturas que se quiten son partidarias e teñen a súa propia lectura. A primeira é que non toda suma de siglas asegura mellores resultados; a segunda é que os populares camiñan por un vieiro errado e nada teñen que facer  pois non saben escoitar ós cidadáns desa terra. E a terceira é que nace unha forza nova na dereita que racha, en certa medida, coa visión rancia e o monopolio  dos populares de España. 
 
Polo tanto, despois destra consulta chegou o momento da reflexión e, posiblemente despois das xerais de novembro ou decembro, abrir un diálogo serio e responsable para adaptar a carta magna ós novos tempos.  Claro, esquecendo o chamado café para todos, e centrándose nas reivindicacións das ate agora chamadas tres nacionalidades históricas. Ese será, non o único, pero  un dos problemas que ven arrastrándose dende antes da segunda república  o que hai que darlle un encaixe para trinta ou corenta anos máis. Pois en política nada hai inmutable e duradeiro. A táctica de mirar para outro lado, ou falar de “...se va a acabar  la broma de Cataluña”,  como o fixo algún candidato popular, é unha irresponsabilidade que agora se paga.
 
E pasadas as eleccións  que conclusións se poden para Galicia? Pois, o primeiro que atopo é que cada nacionalidade ten o seu tempo e a súa dinámica. Polo tanto, neste noroeste, hai cousas que non se deben nin mentar. Refírome as reivindicacións utópicas  como a de grupos radicais que non veñen a lugar. Penso que falar de   independencia e de  autodeterminación é perder o tempo. Sexamos logo  pragmáticos, dado que  a grande maioría dos galegos non son arredistas nin queren  vivir fora do Estado.  Polo que, urxe, para estar á altura dos tempos que se anuncian e mellorar no posible o autogoberno e mesmo o recoñecemento político, rachar tópicos e non poñer chatas que freen a unión. É, polo tanto,  a hora de  elaborar un programa de mínimos que una a todos os galeguistas, nacionalistas e progresistas e  presentar unha candidatura única que teña como meta a creación dun grupo parlamentario nas cortes xerais que leve a cabo obxectivos que fagan  posible unha sociedade mellor en todos os aspectos sociais, e preserve a nosa cultura e identidade. E atrévome a poñer algunhas reivindicacións sobre o tapete, sei que hai moitas máis, estas son: blindaxe de competencias, entre elas educación; que as empresas que operan nesta terra, pero que teñen o seu domicilio fiscal fora dela, coticen a parte correspondente  á labor que desenvolven  en Galicia. Melloras económicas pola produción eléctrica;  recoñecemento político como nacionalidade. Defensa dos servizos públicos como a sanidade e a educación,  Etc.
 
O tempo apura e compre pasar das reivindicacións utópicas; pasar da idea idílica de país que moitos  teñen na cabeza; pasar a querer transformar á realidade social e política na que vivimos. E como chegou o momento da unidade de acción, todos terán que facer un esforzo para tratar de mellorar este nosa terra.
 
Os cataláns falaron nas eleccións, e deixaron claro, moi claro, que o marco constitucional non lles vale. Deixaron claro que a vontade dun pobo pesa moito politicamente e que, estes problemas  non se solucionan coa xustiza. Deixaron claro que, queren gobernar a súa terra. Polo tanto, é o momento da unidade de acción política e táctica, como galegos, en base o que nos une e non o que nos separa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com