Por un novo socialismo galego

O vindeiro sábado constitúese Espacio Socialista Galego (ESG), un novo colectivo que, dende dentro do BNG, intentará impulsar as ideas socialistas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 06/11/2008 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

En ESG estará a maior parte da xente que saíu de EN e que, logo, constituíu Espazo Aberto e pode atraer aos nacionalistas (moitos deles non adscritos) que pensan que unha socialdemocracia nacionalista é posible. O seu voceiro nacional será Xoán Carlos Báscuas Jardón e o seu presidente, Antonio Oca. Prevese que na Executiva estén presentes o deputado Kiko Paz e a membro da Executiva do BNG, Charo Fernández Velho. O novo partido será arroupado por alcaldes como o do Porriño, Raúl Francés, e Gondomar, Antonio Arauxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 militante

A) Algunhas das persoas que participan en Espazo Socialista Galego veñen do que fora EN, e a eles sumáronse independentes non adscritos, camilistas e algún irmandiño.
B) Descoñezo se Esquerda Nacionalista segue funcionando.
C) Si, Beiras foi de EN, despois marchouse (ou o marcharon) e agora participa no Encontro Irmandiño.
D) “Estes de ESG” como dis, para ben ou para mal non teñen líderes nen lideresas, a maioría son militantes de base do BNG, algúns ostentan ademais cargos no BNG (consello e executiva nacional, consellos comarcais e locais) na Xunta (delegados, directores xerais) e concellos (alcaldes e concelleiros)
E) Alberte Feixoo quedou nos restos de EN.
F) Sí, poderiamos dicir que Camilo é socialdemócrata, e si, encabezou con Charo unha lista na última Asamblea Nacional ordinaria no BNG, polo que os dous están no Consello Nacional. Esa alianza entre o que era EN (antes da súa desaparición) e o sector denominado “camilista” chamouse “A alternativa”
G) En qué quedamos? Pois mira, moita xente que estivo en EN e na Alternativa unirán forzas e participarán na constitución dunha nova forza socialista no BNG. Tanto EN como a Alternativa fican así como proxectos superados.
H) Descoñezo o qué pensa Quin de ESG, mais supoño que non estará moi e contra, toda vez que se anunciou a súa presenza na asemblea constituinte que van ter este sábado
I) Para se apuntar na UPG pregunta na sé da comarca na que milites para que te poñan en contacto con eles, o importante mais alá de onde milites ou te sitúes políticamente (socialismo-comunismo), é traballar polo ben do BNG.

Espero ter aclarado as túas dúbidas.

3 irmandiño

A qué tedes medo upegallos intoxicadores alberto e luis? Andades ferventes, porque se estes saen adiante e se xuntan cos independentes que apòian a Quin, vades ao carallo!!

2 luisradclife

a ver que me entere: Estes son os mesmos que os de Esquerda nacinalista ou non? Esquerda Nacionalista segue funcionando ou non? Non fora Beiras de Esquerda nacionalista? E xa non é, porque agora é do Encontro irmandiño, non é? E estes do ESG de quen veñen sendo, entón? Que é, o de Alberte Feixoo? E non é tamén socialdemocrata Camilo Nogueira? Ah, pero Camilo ía con Charo noutra lista, como se chamaba? Bueno, a ver, en que quedamos? E quin e o Quinigá que opinan de todo isto? Hummm, menudo lío. E mira unha cousa, para se apuntar mellor na UPG?

1 alberto

1º) Espacio ou Espazo?
2ª) ESG ou ENbis
3ª) se falamos de socialdemocracia o nome correcto, coido sería ""ESDG" e dicir "Espazo Social-Democrata Galego".
4º) xa que logo o anterior, esta nova cousa estaría mais vencellada (a nivel de tradición) o "PSDG" (de infausto recordo) que o "PSG".
5º) que algúns precisan de pedrigree, claro, a referencia o PSG e obrigatoria.
6º) pero cantos destes andiveron polo PSG? ouh, ouh, media ducia como moito.
7º)" o presidente e unha referencia" dirán algúns...mais digo eu,referencia...de que? da sua colaboración co tripartito ( nen o bloque ne o psg andaban por alá)