A verdade das vítimas de Angrois

Cando se estrenou a liña do AVE en Galicia, aínda incompleta, o ministro de Fomento, José Blanco, e o presidente da Xunta, Albeto Nuñez Feijóo, sacaron peito polo que cualificaron como a chegada da alta velocidade ao país. Cando un responsábel de Fomento compareceu no Congreso para dar explicacións pola traxedia de Angrois, dixo textualmente que "este non é un accidente da alta velocidade". Frankestein 04155, a piques de estrearse, é un documental que explora esta e outros puntos oscuros do accidente do Alvia en Santiago.

Por Galicia Confidencial | Valladolid | 09/10/2015 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Frankestein 04155 foi financiado pola iniciativa Plataforma de Vítimas Alvia 04155, grazas un exitoso proxecto de recaudación de fondos a través de Internet no portal Verkami. Máis de 1.500 persoas aportaron o seu grao de area para facelo posíbel.

Dirixido por Aitor Rei, o filme foi seleccionado para ser estreado na Seminci, o coñecido festival de Valladolid. Velaquí un adianto do documental, produto de dous anos de investigación sobre as mentiras que fixeron posíbel "o accidente máis grave da democracia española":

A estrena da cinta, na que participa a produtora Boneca Lareta, vai coincidir coa fin da instrucción. O xuíz decidiu incumplar unicamente ao manquinista, librando de cargos as cúpulas de Renfe e ADIF e, polo tanto, de responsabilidades políticas aos mandatarios que permitiron que a liña, tal e o propio auto de fin da instrucción sinala, entrara en servizo con medidas de seguridade que estaban lonxe de ser a máis acaídas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta