En profundidade.- Sobre ceses e outras cuestións

Galicia Confidencial estivo sondeando diferentes opinións dentro do BNG e do entorno da conselleira, todos eles militantes nacionalistas, para tentar desgranar o que acontece logo do cese de Carlos Amoedo como director xeral deste departamento autonómico...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/11/2008 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

None

Pero nesta andadura, a conselleira topou con serias dificultades dentro do seu propio departamento; entre eles o do secretario xeral, Carlos Amoedo, ou o do director xeral de Difusión Cultural, Luis Bará, que permaneceron fieis ao oficialismo nacionalista, sen ter en conta outros cargos intermedios que se postularon a favor e en contra de Bugallo. Con Bará (a quen acusan de estar detrás dos actos de Amoedo) as relacións, aínda que tirantes, seguiron e seguirán adiante ata o final da lexislatura, pero co secretario xeral da consellería era diferente. Como o seu número dous, Amoedo controlaba prácticamente a engranaxe da consellería, algo que non lle gustaba á conselleira porque temía que "lle colara algunhas cousas pola porta de atrás" sen que ela mesma se dera conta.

Os encontronazos e cabreos foron a máis e Bugallo advertiulle a Quintana que perdera toda a confianza en Amoedo, pero o líder nacionalista deu a entender que habería que agardar ao final da lexislatura. Sen embargo, os feitos precipitaronse cando a conselleira descubriu que Amoedo "estaba maniobrando as súas costas". Farta deste doble xogo decidiu cesalo fulminantemente, algo que provocou a súas iras e o seu cese fulminante que foi comunicado a Quintana unhas horas antes de que entrara no Consello da Xunta.

Fontes da dirección do BNG aseguran, pola contra, que a conselleira decidiu "quitar do medio" a Amoedo porque era o "único" que lle facía fronte na súa intención de "privatizar" a Cidade da Cultura. Apuntan que a súa decisión de pedir un informe da asesoría xurídica xeral da Xunta sobre a legalidade da constitución da fundación privada da Cidade da Cultura foi o que provou as iras de Bugallo, así como todo o seu traballo en poñer "os puntos sobre os ies" en todo o relacionado con este proxecto.

Posición oficial

"Se tan en contra están no BNG coa fundación privada porque non fan un comunicado ao respecto. Non hai ningunha decisión da Executiva nin do Consello Nacional que se posicione en contra", aseguran fontes próximas á conselleira. GC tentou verificar este aspecto en conversas con membros da Executiva e do Consello Nacional e aseguran que non teñen coñecemento da existencia de documentos oficiais que se opoñan a esta fundación. Sen embargo, e tal e como comentamos aquí, na pasada Asamblea Nacional, Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. Tamén membros do MPLB e do Encontro Irmandiño teñen criticado esta cuestión nalgúnhas das xuntanzas nacionalistas.

A última referencia a esta cuestión produciuse no Consello Nacional do pasado venres convocado para abordar un informe da Executiva sobre a situación económica. No turno de rogos e preguntas, novamente un membro da UPG, esta vez Duarte Correa, responsable comarcal do BNG no Salnés, reclamou a Executiva que se explicara o cese de Amoedo, petición que foi denegada por Francisco Jorquera (xa sen Quintana na sala porque marchara a unha conferencia de Jordi Puyol) alegando que non estaba na orde do día.

En todo caso, a decisión de Bugallo de prescindir de Amoedo abriu unha pequena fenda na dirección nacionalista a menos de cinco meses das autonómicas. Un feito que incomodou, especialmente, a Quintana. Hai quen mesmo lle chegou a recomendar o cese da conselleira, algo que non está en riba da mesa, precisamente, porque abriría unha crise de imprevisibles consecuencias a pouco tempo dunhas eleccións.

Polo momento, a solución adoptada parece convencer a todas as partes; situar a Carlos Sierra como substituto de Amoedo. Bugallo ten máis confianza nel e na dirección nacionalista din que é un quintanista convencido. Para o que xa non hai arranxo é para a escalada de reproches.

"Machismo"

Fontes próximas á conselleira acusan á UPG, co beneplácito de Quintana, de iniciar unha "caza de bruxas" contra Bugallo e din que non lle está a gustar nada que, dende certos ámbitos do BNG, se lle critique polo seu xeito de vestir e, especialmente, pola súa vinculación sentimental co conselleiro de Economía, "o que fai pensar a algúns que está vendida ao PSOE".

Tamén se queixan da belixerancia de certos medios de comunicación contra a conselleira e aseguran que certos editores actúan coma mafiosos. "Se non se fai coma eles queren entón xa estás marcado de por vida".

Dende a dirección do BNG aseguran que non hai "constancia de ningún tipo" que vinculen a membros do Bloque ou da UPG con este tipo de comentarios e suliñan que sempre foron "moi respetuosos" coa vida privada de todos os conselleiros.

"Menos mal que quedan só cinco meses para que remate todo isto", apunta unha fonte da Executiva consultada por GC que agarda que non se produzan máis sobresaltos ata os vindeiros comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

39 tinto

Si,anónimo, hai padais que non saben distinguir o viño novo do picado. Hai moito enólogo metido a crítico político que non sabe distinguir un bo viño da terra aínda que veña etiquetado coa marca de Galiza calidade. Hai moito enólogo de manual que anda presto a estragar o viño novo da esperanza nos odres vellos do sectarismo.

38 anónimo

sport clube bugallo: 1
sport clube amoedo: 0

37 anónimo

tinto sea da cuba que logo hai que empezar a trafegalo viño novo

36 tinto

Meteuse con Franco (Pazo de Meirás); meteuse co españolismo (seleccións nacioanais); defendeu a implicación da administración na xusta causa da memoria histórica; apoiou as industriais culturais galegas; atacou ao sectarismo cultural convocando consensos amplios na política cultural; defendeu o patrimonio arquitectónico (por máis que lle doa á Igrexa e ao emperador de Lugo; aplicou fórmulas viables ao morto da cidade da cultura; aplicou políticas de exportación e visualización internacional da cultura cultura galega ( o que máis lle fode aos "bilingües" monolingües españois de López Chaves e cia); ...
Non me extraña que a queran ver crucificada.

35 dani

E eiquí o que traballan algúns funcionarios. Polo que se solta da información que teñen o Sr. Castro e outros, semella que están ben informados, pero nada máis que para facer mal. Aquí non se trata de quen e bo ou malo. O que se trata e de facer as cousas da política o mellor posible para que beneficie a todolos galegos e non facer cada cal o seu capricho. Semella que andades a ver quen colle o mellor posto e nada máis. Coñecédesvos todos, ou iso e o que se ceiba dos bosos comentarios, e isto parece partido cheo de patadas as canelas. Pola miña parte, propoño o Sr. Castro e outros entendidos para conselleiros da Xunta.