En profundidade.- Sobre ceses e outras cuestións

Galicia Confidencial estivo sondeando diferentes opinións dentro do BNG e do entorno da conselleira, todos eles militantes nacionalistas, para tentar desgranar o que acontece logo do cese de Carlos Amoedo como director xeral deste departamento autonómico...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/11/2008 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

None

Pero nesta andadura, a conselleira topou con serias dificultades dentro do seu propio departamento; entre eles o do secretario xeral, Carlos Amoedo, ou o do director xeral de Difusión Cultural, Luis Bará, que permaneceron fieis ao oficialismo nacionalista, sen ter en conta outros cargos intermedios que se postularon a favor e en contra de Bugallo. Con Bará (a quen acusan de estar detrás dos actos de Amoedo) as relacións, aínda que tirantes, seguiron e seguirán adiante ata o final da lexislatura, pero co secretario xeral da consellería era diferente. Como o seu número dous, Amoedo controlaba prácticamente a engranaxe da consellería, algo que non lle gustaba á conselleira porque temía que "lle colara algunhas cousas pola porta de atrás" sen que ela mesma se dera conta.

Os encontronazos e cabreos foron a máis e Bugallo advertiulle a Quintana que perdera toda a confianza en Amoedo, pero o líder nacionalista deu a entender que habería que agardar ao final da lexislatura. Sen embargo, os feitos precipitaronse cando a conselleira descubriu que Amoedo "estaba maniobrando as súas costas". Farta deste doble xogo decidiu cesalo fulminantemente, algo que provocou a súas iras e o seu cese fulminante que foi comunicado a Quintana unhas horas antes de que entrara no Consello da Xunta.

Fontes da dirección do BNG aseguran, pola contra, que a conselleira decidiu "quitar do medio" a Amoedo porque era o "único" que lle facía fronte na súa intención de "privatizar" a Cidade da Cultura. Apuntan que a súa decisión de pedir un informe da asesoría xurídica xeral da Xunta sobre a legalidade da constitución da fundación privada da Cidade da Cultura foi o que provou as iras de Bugallo, así como todo o seu traballo en poñer "os puntos sobre os ies" en todo o relacionado con este proxecto.

Posición oficial

"Se tan en contra están no BNG coa fundación privada porque non fan un comunicado ao respecto. Non hai ningunha decisión da Executiva nin do Consello Nacional que se posicione en contra", aseguran fontes próximas á conselleira. GC tentou verificar este aspecto en conversas con membros da Executiva e do Consello Nacional e aseguran que non teñen coñecemento da existencia de documentos oficiais que se opoñan a esta fundación. Sen embargo, e tal e como comentamos aquí, na pasada Asamblea Nacional, Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. Tamén membros do MPLB e do Encontro Irmandiño teñen criticado esta cuestión nalgúnhas das xuntanzas nacionalistas.

A última referencia a esta cuestión produciuse no Consello Nacional do pasado venres convocado para abordar un informe da Executiva sobre a situación económica. No turno de rogos e preguntas, novamente un membro da UPG, esta vez Duarte Correa, responsable comarcal do BNG no Salnés, reclamou a Executiva que se explicara o cese de Amoedo, petición que foi denegada por Francisco Jorquera (xa sen Quintana na sala porque marchara a unha conferencia de Jordi Puyol) alegando que non estaba na orde do día.

En todo caso, a decisión de Bugallo de prescindir de Amoedo abriu unha pequena fenda na dirección nacionalista a menos de cinco meses das autonómicas. Un feito que incomodou, especialmente, a Quintana. Hai quen mesmo lle chegou a recomendar o cese da conselleira, algo que non está en riba da mesa, precisamente, porque abriría unha crise de imprevisibles consecuencias a pouco tempo dunhas eleccións.

Polo momento, a solución adoptada parece convencer a todas as partes; situar a Carlos Sierra como substituto de Amoedo. Bugallo ten máis confianza nel e na dirección nacionalista din que é un quintanista convencido. Para o que xa non hai arranxo é para a escalada de reproches.

"Machismo"

Fontes próximas á conselleira acusan á UPG, co beneplácito de Quintana, de iniciar unha "caza de bruxas" contra Bugallo e din que non lle está a gustar nada que, dende certos ámbitos do BNG, se lle critique polo seu xeito de vestir e, especialmente, pola súa vinculación sentimental co conselleiro de Economía, "o que fai pensar a algúns que está vendida ao PSOE".

Tamén se queixan da belixerancia de certos medios de comunicación contra a conselleira e aseguran que certos editores actúan coma mafiosos. "Se non se fai coma eles queren entón xa estás marcado de por vida".

Dende a dirección do BNG aseguran que non hai "constancia de ningún tipo" que vinculen a membros do Bloque ou da UPG con este tipo de comentarios e suliñan que sempre foron "moi respetuosos" coa vida privada de todos os conselleiros.

"Menos mal que quedan só cinco meses para que remate todo isto", apunta unha fonte da Executiva consultada por GC que agarda que non se produzan máis sobresaltos ata os vindeiros comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

34 As bolechas

Moito dicir, moito falar, que si xa non debería ter sido nomeada Conselleira, que agora debería terse ido ela, moitos "debería" pero o importante son os debe, ¿qué debe facerse agora?, ¿ninguén vai reaccionar ante tamaña metedura de pata?.
Os mandos do BNG, está facendo como todos os partidos políticos cando chegan ao poder, prescinden dos técnicos cando o tecnicismo choca cos intereses, xa que lembremos que Amoedo era Secretario Xeral Técnico, e índa por riba un serio técnico xurídico, e os intereses son os que deberían analizarse e estudiarse con lupa, cando semella que priman tanto a esta altura de la película, tanto como para adoptar decisións tan polémicas e arriscadas, reveladoras dunha torpeza política mais propia dun goberno que acaba de chegar que deste que tíñase que manter unido nestes momentos, e culminar os proxectos iniciados conxuntamente por unha equipa de traballo que funcionaba a pesares das histerias e ignorancia da Conselleira, que non tivo nunca interese ningún en coñecer o funcionamento da Administración, e que sempre respostou a salto de piques persoais e paranoias, no mais puro estilo reboteiro propio dos ignorantes que non teñen gañas de aprender. Menos soberbia, agora quédate soa na túa torre de marfil, e pregunta ao espelliño:
"¿Quén é a que manda verdaderamente aquí?." E o espello quintaneiro respostará cun grande eco:
"Ti, miña xoia herreriana...non hai presuposto abondo de economía para pagar o que vales."
E colorín colorado, iste conto dase por rematado, e todos felices e comeredes perdices.

33 pili y mili

el gineceo esta revuelto. se arrojan sin piedad auténticos dardos envenenados. la convivencia está tornandose imposible. las tijeras aguardan afiladas. sobra tela que cortar.

32 unha

Xulia que morro te dedicas a facer solitarios todo o dia na subdirección dos camiños de Santiago á espera de tempos mellores e te dedicas a enmerdar a un dos tipos máis respetados na xunta como xefe de xestores.
Volverás a mandar a Salvador de chantaxista para que che dean postos de libre designación?
Os teus compañeiros da dirección xeral non te esqueceremos nunca, víbora.

31 blackpower

Castro, pola información que manexas e as valoracións que fas, non sei por que me da el pálpito de que tes moito que ver con unha ex-xefa de servizo da dirección de creación e difusión cultural á que a Conselleira lle negou a subdirección de creacion e difusión cultural. Que te conocemos calamar. Véngate, que acabarás como Jimi Hendrix, afogada no teu propio vómito.
Todos na conselleria sabemos que as rendas as levaba a señora conselleira e a súa xefa de gabinete, e que o señor amoedo estaba dia tras dia ao pe do cañón, arreglando os marróns de todo o mundo, como era o seu deber e salvación.
Se Amoedo gozara realmente do apoio da Conselleira, outro galo cantaría, pero esta na última etapa xa ve inimigos por todas partes, como é o propio de calquera persoa á que se lle escapan as cousas das mans.

30 miguel

castro dice que amoedo nunca cogió las riendas de la consellería. si el lo dice, así será. no obstante aún está por ver si es el substituto quien de cogerlas cuando el caballo está ya desbocado y apunto de reventar.