Supostos audios das conversas de José Manuel e José Luis Baltar coa denunciante

Unha muller presentou na Fiscalía unha denuncia na que acusa a José Manuel Baltar de promterlle un traballo na Deputaciónde Ourense a cambio de relacións sexuais. O presidente do PPdeG en Ourense nega as acusacións e promete accións xudiciais para defender a súa honra.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 28/10/2015 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A denuncia foi publicada en primicia por El Diario. Este medio tamén publicou na súa canle de Youtube varias conversas, supostamente entre a denunciante e o denunciado. O líder conservador negouse polo de agora a confirmar a súa autenticidade. Polo menos unha delas semella ter discurrido no despacho presidencial da Deputación:

José Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense e da Deputación de Ourense
José Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense e da Deputación de Ourense | Fonte: ourensegalicia.blogspot.com

Cuestoniado pola Cadena Ser o luns polo sucedido, José Luís Baltar, pai do acusado e antecesor no cargo provincial, dixo que parecía que se trataba dun intento de chantaxe.

Ao día seguinet,e o martes El Diario publicaba novas conversas, neste caso presuntamente entre a denunciante, que permanece no anonimato, e José Luís Baltar. Nunha delas presuntamente o ex-mandatario manda "á merda" á muller cando este teima en que os políticos conservadores cumpran a suposta promesa dun emprego na Deputación:

José Luis Baltar Pumar
José Luis Baltar Pumar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Odoíno

Este “show de espantalhos” define a realidade do poder nesta Terra. Prostituiçom polo pam. A tragicomédia é que estám porque é o que a gente quer, vota-os.