Xabarís pasean polo centro de Lalín

Dous exemplares foron fotografiados camiñando por unha rúa do centro deste concello.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 30/10/2015 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

“Entendo que a ordenanza medioambiental de Lalín é un éxito... pero un pouco de control. Tampouco é o tema que os xabarís (como os da foto desta noite) xa veñan a pasar o rato a Lalín ante tanto que alborexa”. Son as palabras que o alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, escribiu nas redes sociais para dar conta da presenza de dous porcos bravos no seu concello.

Dous xabaríns camiñan por unha rúa de Lalín
Dous xabaríns camiñan por unha rúa de Lalín | Fonte: FB Rafa Cuíña

Os dous animais foron avistados na noite deste xoves nunha céntrica rúa da capital do Deza. Non é a primeira vez que se teñen avistado xabaríns en Lalín, pero nunca foran fotografados camiñando polo centro da vila.

Non é o único lugar habitado que estes animais visitan. A súa proliferación é tal nos últimos anos que xa foron avistados en entornos urbanos de lugares como Vilagarcía de Arousa, e mesmo de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Estralampa

A ver, se os amigos da natureza vão visitalos ao monte acompanhados de caes e escopetas, lógico é que eles fujam onde poidam ir. Ou a serie Zoo não é ficção.