A innovación, o motor da Eurorrexión

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal apostará pola innovación para captar 360 millóns de euros. A curto prazo pretenden obter 77 millons a través do POCTEP. Algunhas iniciativas luso-galegas xa contan con case 20 empresas asociadas.

Por Galicia Confidencial | Tui | 31/10/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia
A innovación é a principal pata sobre a que Galicia e o Norte de Portugal queren sustentar o proxecto da Eurorexión nos vindeiros cinco anos. Por iso, a estratexia de especialización intelixente transfronteiriza (RIS3T) da Unión Europea centrarase na innovación para tentar captar 360 millóns nos vindeiros cinco anos. 

Investigación en nanotecnoloxía
Investigación en nanotecnoloxía

Esta estratexia permitirá aproveitar mellor os diferentes marcos de financiamento europeos, mobilizando "da forma máis efectiva posible" os fondos "específicos" existentes para a cooperación transrexional.

Por iso, tanto Galicia como o norte de Portugal comezarán a traballar xa a través do POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteriza España- Portugal) para captar 77 millóns de euros a curto prazo.   A enerxía de biomasa e do mar, a competitividade das industrias agroalimentarias e biotecnolóxicas, o desenvolvemento das industrias de mobilidade, o impulso da industria 4.0, a innovación nas industrias creativas e turísticas, e as solucións avanzadas para a vida saudable serán os seis retos compartidos.

Así, neste novo reto conxunto, ambos lados da fronteira traballaran en impulsar os sectores dos biocombustibles, as algas, a acuicultura, a biotecnoloxía, a nanotecnoloxía, as apllicacións a novas tecnoloxías, as industrias da automoción e da aeuronaútica ou a talasoterapia.

Un exemplo desta cooperación é o proxecto BIC Miño -Taller de Innovación, que é unha plataforma de cooperación transfronteiriza especializado en recursos sobre internacionalización. Actualmente, son 18 empresas as que integran esta iniciativa con 20 proxectos tecnolóxicos en modelos de negocio, a formación de 50 persoas en aceleración da internacionalización e a elaboración do plan director dunha escola de emprendemento internacional para empresas TIC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta