GC Aberto

Por que lle chamamos amor cando queremos dicir sexo?...

Diante da consolidación de dous proxectos electorais distintos do nacionalismo e a esqueda na Galiza, Nos e a Marea, vai unha idea de como beneficianos mutuamente ao tempo que seguimos a odiarnos...

Por Costadamorte (http://acostadamorte.blogspot.com/) | GC ABERTO | 01/11/2015

Comparte esta noticia

Chegados eiquí, penso que non está todo perdido..., indo cada quen polo seu lado, nin as listas impulsadas pola IpU, nin tampouco as da "Marea", teñen garantido acadar representación nas futuras Cortes, e de acadala será moi minoritaria disputandose entre ambas listas un máximo de dous ou tres deputados e ningún senador..., nembargantes, facendo un supremo esforzo de "soportarse", (ainda que sexa tapando o naris e considerando que a contraparte fede que apesta), se artellanse unhas listas conxuntas albíscase a posibilidade de acadar ate seis deputados e de desputarlle ao PSOE o cuarto senador nas catro provincias...


Pois postos así, iso é o que hai que intentar, polo menos por parte do BNG e de IpU..., propor a contraparte presentarse conxuntamente como "Nós, a Marea!"..., (ou viceversa), e cunha lista paritaria en cada provincia, un saido das primarias de Inicialiva pola Unión e outro saido da negociación cupular de Anova-Podemos-Eu..., e así alternado postos, por exemplo na Coruña e Ourense os "cupulares" levarían ao Congreso os postos impares, 1,3,5..., e os saídos das primarias os pares, 2,4,6..., e ao senado, ao revés, os impares para os de IpU e os pares para os cupulares, e en Pontevedra e Lugo ao revés, para o congreso impares para os das primarias e pares para os "cupulares" e ao senado impares para os cupulares e pares para os da IpU...

E dempois das eleccións os das primarias van ao grupo mixto, e os cupulares ao de Podemos ou ao de IU según queira cada un!..., (non creo que ainda que se acadara o número preciso de deputados, que sería probable, fora boa idea o convivio de todos no mesmo grupo)...
Creo que a proposta hai que facela, e se alguén a rexeita en base a sua convicción de que por si so se vale para acadar ises resultados, ten que quedar claro para todos quen foi o que dixo non.


Non vexo que nisas condición haxa tanto que negociar!...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Vindo de Volta

O mellor de todo é mantere na pureza nacionalista, e chegado o caso, non facerlle noxos ao españolismo montando en comandita un goberno bipartito. Vádelle tomar o pelo a outro..!