Fala un dos indenpendentistas detidos na Operación Jaro

Oito galegos pasarán mañá a disposición xudicial na Audiencia Nacional, tras esgotar o período máximo en detención policial. O xuíz Eloy Velasco tomaralles declaración sobre a organización do último Dia da Galiza Combatente, no que a Guardia Civil cre que se produciu un delito de apoloxía do terrorismo, por supostamente enaltecer a Resistencia Galega e ao Exercito Guerrilleiro do Povo Galego Ceibe. O noveno detido non está preso, debido ao seu delicado estado de saúde. Neste vídeo de Galizacontrainfo, "Salva" dá a súa versión do sucedido.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/11/2015 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Na súa opinión, os presos son vítimas dunha campaña de acoso contra o independentismo que provoca que calquera que sexa fiel aos valores desta ideoloxía se arrisque a que calquera día a Policía entre cunha metralleta na súa casa e o deteña.

Detencion dun independentista durante a Operación Jaro, que o Estado vincula con Resistencia Galega
Detencion dun independentista durante a Operación Jaro, que o Estado vincula con Resistencia Galega | Fonte: Diario Liberdade

O acusado, que declarará dende Galicia, relata como o desfibrilador que recentemente se puxeron no peito salvouno de ir preso, como o seu irmán e a súa compañeira. No vídeo asegura que os axentes incautaron da súa casa documentos políticos vencellados a unha orgnización antirepresiva e mesmo CDs de música.

Dende o colectivo de apoio aos presos independentistas Ceivar explícase que as oito persoas detidas en Madrid están en comunicación cos seus letrados e familia. Isto dá a entender que os delitos que a Guardia Civil proporá ao xuíz non son tran graves, e de feito Ceivar agarda que queden libres mañá. Varios medios aseguran que non se lles aplicou a Lei Antiterrorista.

O delegado do Goberno afirmou tras as detencións que a operación Jaro era contra a "contorna de Resistencia Galega". A Audiencia Nacional deu por probada a existencia dun grupo terrorista baixo este nome o ano pasado. De feito, a Xustiza considera a esta suposta organización a responsábel das ducias de bombas -normalmente de pequeno tamaño- que rebentaron nestes anos sedes do PP, PSOE, a patronal e varias administracións públicas.

Os 9 detidos son membros da Executiva do partido Causa Galiza, segundo informa Diário Liberdade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta