Regueifando no Whatsapp

Que pasa na Costa faise eco do "proxecto Regueifesta", iniciativa de dous institutos públicos para popularizar a regueifa enter os mozos valéndose das novas tecnoloxías. A presentación será hoxe en Santiago coa presencia de Manolo Maseda e Séchu Sende.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/11/2015 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O pasado e o presente conviven no traballo que presentan esta tarde o IES Maximino Romero de Lema – Baio – e o IES Marco do Camballón – Vila de Cruces-  na biblioteca pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Alumnos en alumnas dos dous centros de ensino, xunto cos profesores Manolo Maseda e Séchu Sende e as regueifeiras Alba María e Sara Marchena, presentan o “proxecto Regueifesta” .

Sechu Sende, colaborador de opinión no GC
Sechu Sende, colaborador de opinión no GC

O proxecto pretende impulsar a regueifa como forma de socialización entre a xente nova

O proxecto, que se enmarca dentro das xornadas de Tradición Oral da Biblioteca Anxo Casal, é unha iniciativa de normalización linguística impulsada polo instituto baiés e o IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, que ten como obxetivo impulsar a regueifa como unha forma de socialización entre a xente nova, un instrumento para desenvolver habilidades lingüísticas, un recurso para estimular a creación musical e para o tempo libre da mocidade.

“Regueifesta” está amadriñado pola regueifeira Aurora Ramos Pereiro, de Baio, de 103 anos de idade, e máis polo regueifeiro Xairo de Herbón, de 12 anos. Un exemplo claro do abano xeracional no que se move este fenómeno social.

O proxecto desenvolverase a través dunha dinámica cotiá no uso das redes sociais no proceso de socialización. A maiores tamén están programadas outras actividades como: unha excursión a Euskal Herria para coñecer o bertsolarismo de primeira man (a improvisación oral vasca), un Congreso de Formación para docentes, pais e nais no mes das Letras ou unha Festa final do Proxecto así como a elaboración de material divulgativo de carácter didáctico e un documental entre outras actividades.

Unha noticia orixinal de Lorena Martínez en Que Pasa na Costa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 pepisuarez

Agora a versão mais pode ser baixada aqui: https://watsap.pro/pt-br/watsap-gb/ se chama gb whatsapp 2019

3 Fernandisco

Recomiendo actualizar whatsapp a su última versión https://actualizar.net/whatsapp/

2 eleuterio

1 Updater

Me parece una iniciativa estupenda, la verdad aprovechar las nuevas tecnologías de comunicación en la dirección correcta es una buena forma de dar a conocer el potencia que tienen, además si te preguntas https://comoactualizar.com/whatsapp... ellos te lo dicen inmediatamente ya que por seguridad tener la última actualización es más que recomendable!