Lores admite o xantar cos directivos de Aquagest e pídelle celeridade á xuíza

Miguel Anxo Fernández Lores está tranquilo tras o rexistro da sede do Concello de Pontevedra no marco da Operación Pokemon. "O alcalde de Pontevedra está encantado de que se investigue todo o que se teña que investigar", declarou Fernández Lores (BNG).

Por M.V. | Pontevedra | 13/11/2015 | Actualizada ás 08:25

Comparte esta noticia

O mandatario asegura que Pilar de Lara non ten nin "indicios". Tamén lle solicitou á xuíza que axilice a investigación para que remate nun tempo "razoábel" porque o proceso "faille dano a moita xente inocente e vai deixando cadáveres polo camiño sen culpa ningunha".

Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon
Lores, no centro, alcalde de Pontevedra, entrando a xantar na Casa da Viña en Santiago cando os directivos de Aquagest nunha foto do sumario da Pokemon

Cuestionado pola prensa, o político nacionalista admitiu que comera cos directivos de Aquagest. A Policía tomou varias fotos dese xantar que figura no sumario. Para Lores é normal que " nun concello que ten relación con moitas empresas é que te reúnas con eles ou mesmo nalgún momento comas con eles". 

No sumario tamén figura unha conversa entre o tesoureiro do BNG chamando dende a sede nacional do Bloque a un dos direxentes de Viaqua/Aquagest detidos. Xosé Gontá dille que chama por indicación de Lores para falar do que o directivo previamente tratara co alcalde.

O alcalde tamén dixo que mete a man por todo o seu equipo. Argumentou que a concesión de Aquagest foi dada cando gobernaba o PP e que remata aínda en 2017, polo que aínda non se renovou. 

Xosé Gontá, ex-responsábel de finanzas do Bloque, quen contactou con Aquagest por indicación de Lores
Xosé Gontá, ex-responsábel de finanzas do Bloque, quen contactou con Aquagest por indicación de Lores
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Ramón Piñeiro Repoludo

Lerchóns todos: na casa do lumpem as limitacións xenéticas que produciu a fame e a delación fan necesario, urxente, un Comité de Saúde Pública na memoria da saúde moral de Robespierre, e pola independencia da Nazón. Patria ou fame moral e física, non as mareas de lumpems.

3 xos

Polo de agora, Lores é o mellor alcalde, xunto con Xerardo Estévez, que tivo ningunha cidade galega. Xa se verá o que da isto de si. E que conste que Xulio Ferreiro promete ser un gran alcalde tamén, que isto non vai de opinións dunha plataforma electoral contra outra.

2 LKI

Cómo lles prestan a estes do BNG/UPG as mamandurrias, os chupes, os agasallos, os favores. Non sei cómo fan, pero sempre están no allo de todas as operacións de corrupción e tráfico de influencias. Á hora de votar haberá que lembrar que este señor vai de nº 2 na lista de Nós-Ca.Ga. (coalición de BNG, Terra Galega, Coalición Galega e PG) pola circunscripción de Pontevedra.

1 KGSTE

Están en todísimas. Foi comer e trataron o tema de Pujol e de Bárcenas. UPGKK mu mala no les votes

1 eusi

A maior claridade deberia vir por parte dos políticos que se reunen ás agachadas con empresas predadoras e renovan contratos aos amigotes por non se sabe que danlle "muchísimas gracias": díganolo vde. sr Lores! que é representante dun partido que di crer nos servizos públicos.