Feijóo evita apoiar a versión de Baltar sobre unha “manobra política” contra el

Di que “sigue con interese o asunto” pero que “se manifestará cando teña máis información”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/11/2015 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A denuncia contra o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, ante a Fiscalía por presunta prevaricación aínda dá que falar. A pesar do apoio que  Alberto Núñez Feijóo lle deu o pasado mércores no Parlamento galego, este venres o presidente galego evitou entrar nesta cuestión.

Alberto Núñez Feijóo con José Manuel Baltar nun acto político
Alberto Núñez Feijóo con José Manuel Baltar nun acto político | Fonte: PPdeG

Así, preguntado sobre as palabras de Baltar na entrevista a GC nas que fala abertamente dunha manobra política na súa contra xa que a denuncia foi presentada o mesmo día que se convocaron as eleccións xerais do 20D, Feijóo evitou respostar e apoiar a versión do líder popular ourensán. “Xa dixen que cando haxa algunha novidade máis me manifestarei”, indicou. “Pero xa dixo que se trata dunha manobra política?”, repetiu GC. “Insisto, cando haxa algo novo xa me pronunciarei”, limitouse a respostar o presidente galego.

Neste sentido, o presidente galego indicou que “sigue con interese ese asunto”, a denuncia presentada, “e me manifestarei cando teña máis información”. Sobre as denuncias do PSdeG que atribúen o seu apoio dos últimos días a Baltar a que o presidente da Deputación de Ourense “podería tamén tirar da manta” se non era respaldado, Feijóo foi rotundo: “Das insidias do PSdeG non hai resposta”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Dona Urraca no seu castelo

Quen dixo que aqui non se podia comentar? Polo de agora a min deixanme escribir; veremos logo se continua o proceso ou ten alg´ñun atranco. Baltarin é o amo de Ourense e como tal non lle resulta alleo o "dereito de pernada". quen se extraña diso a estas alturas? Son outras cousas máis graves as que cimentan este tiño de comportamentos.

1 Siareiro

Por suposto que non se poden facer comentarios sobre a entrevista a Baltar, o cal é do mais noxento que vin neste xornal. Pero ti debes de ser dos seus

3 KKdluxe

Supoño que a publicidade de ENCE, Deputación de Ourense, Xunta e outros lobbies pepeiros de dereita axudaron a manter este xornal e agora temos que ver cousas insólitas como que non se poida comentar a entrevista do cacique ourensan.. patético...

2 Zoa

Vergoñento compadreo de GC cun repulsivo cacique. Grazas Madrid. Agora entendemos porqué as gravacións non foron publicadas en ningún medio galego e tivo que ser un madrileño o primeiro que as sacase. Son totalmente acusatorias cara a este suxeito.

1 Pastor

Que pasa?. Por que non deixades comentar na entrevista ao Baltarin !!.Canto vos paga ?