GC Aberto

Unha Constitución axeitada

Cambiar a obsoleta Constitución por outra nova, é unha necesidade tan imperiosa e urxente para o futuro do país, como a necesidade de restablecer ou recompoñer lazos entre cidadanía e política, entre a sociedade e as súas institucións.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 16/11/2015

Comparte esta noticia

 

 


Con todo, o verdadeiramente alarmante   é a desigualdade institucional no trato  conferido ao  articulado do marco constitucional, sendo así como  mentres que  a suposta inobservancia do artigo 155 é interpretada  desde o Executivo e a súa órbita como unha ameaza  ao estado de dereito e unha afronta ao unidade nacional, tal esixencia é cambiante á hora de requirir    idéntica disciplina no relativo ao cumprimento  de 23 artigos da Carta Magna, constantemente quebrantados, sen que haxa argumentos que  xustifiquen o seu incumprimento , nin fundamento  que ampare esta desigualdade, máxime, cando  son os  propios adaíles do  constitucionalismo quen non dubidan  en referendar practicas infractoras coa finalidade de impoñer políticas sociais diferentes ás  contidas  na oficialidade do seu implícito.

Síntoma expositivo   que fai  cada vez mais evidente  a dicotomía entre a Constitución formal e a real,  unha contraposición  que pon de manifesto  que en España  mais que existir unha democracia avanzada  é a partitocracia quen marca as pautas, facendo que o Estado  de Dereito sexa un todo intermitente, sen existencia  de síntomas  de estabilidade nin de continuidade; por iso é polo que a nosa Constitución cando refire no seu contido que a soberanía nacional reside no pobo, do cal emanan os poderes do Estado, tal referencia sexa meramente  testemuñal e totalmente diverxente coa realidade, pois se así fóra, o Estado tería de intervir    na economía a favor dos débiles, e dicir  de forma diametralmente oposta ao que está a facer nestes momentos, pois mais que nunca, está a intervirse na economía pero en favor da estrutura bancaria   e dos  poderes fácticos, que en por trato preferente outorgado pasaron   a ostentar o  verdadeiro control  Executivo  do país.   

 

 

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta