Un galego ten que desmentir ser unha das vítimas dos atentados de París

A Xunta de Galicia confirmara que un galego morrera nos atentados de París tras informacións do Ministerio de Asuntos Exteriores. Alberto Pardo Touceda non faleceu o venres pola noite a causa dos ataques reivindicados polo Estado Islámico na capital gala. El mismo tívo que desmentilo nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | París | 15/11/2015 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O seu falecemento fora confirmado este domingo polo mañá por parte do Ministerio de Asuntos Exeriores. Inmediatamente, toda a prensa do país, incluído GC, fíxose eco. A súa familia mesmo recibiu unha chamada do Goberno para comunicarlles a morte do rapaz.

Alberto Pardo Touceda nunha imaxe do seu Facebook
Alberto Pardo Touceda nunha imaxe do seu Facebook

 

Tirando de retranca galega, Pardo Touceda desmentiuno horas despois nas súas redes sociais. "Yo me veo a mi mismo momentos y diría que estoy vivo (...) además si dice el País ... es que tiene que ser cierto" escribía no seu Facebook:

 

 

A orixe do erro parece ser que o seu DNI apareceu en Bataclán, onde os terroristas tomaron e executaron ducias de reféns que asistían a un concerto. Moitas desas vítimas aínda non poideron ser identificadas, debido a que polo menos dous dos terroristas fixeron estoupar os seus cinturóns de explosivos. Con todo, o mozo perdera o DNI hai anos e por algunha circunstancia, a Policía atopouno na sala de festa atacada malia que el estaba en Estrasburgo.

Touceda é orixinario de Pontevedra e completara os seus estudios de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago. Como tantos outros mozos galegos, tivo que marchar na busca de traballo ao exterior por mor da crise, primeiro a Limoges e logo a París.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta