Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2024 | Actualizada ás 13:13
A Xunta comezou este martes as probas de activación das sereas de aviso á poboación adscritas ás presas co Plan de Emerxencia para "garantir a súa operatividade" e que a poboación da zona "recoñeza o son de aviso de evacuación".
Segundo informa a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, trátase dunha revisión que "non afecta á actividade diaria do veciños pero nalgunhas zonas serán audibles". Nesta xornada activaranse as sereas de 24 das 39 presas previstas, así como as adscritas ao depósito de lodos vermellos en Xove (Lugo). Este mércores, día 26, será a quenda dos 15 restantes. O exercicio levase a cabo coa colaboración dos titulares das infraestruturas, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal e Augas de Galicia.
Na actualidade, en Galicia hai 46 plans de emerxencia de presa aprobados co obxectivo de "ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten un risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían alagadas e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación como aos organismos xestores de emerxencias", explica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.