Caballero apadriña a lista do PSOE en Pontevedra

O alcalde de Vigo arroupa aos candidatos socialistas para o 20D na provincia e anuncia que os socialistas “queren poñer fin a catro anos de tristeza política”.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/11/2015 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Abel Caballero, alcalde de Vigo, exerceu este martes de padriño da lista do PSOE en Pontevedra para as eleccións do 20D, unha lista da que dixo, está pensada para "poñer fin a catro años de tristeza política" e axudar a Pedro Sánchez a “liderar o próximo Gobierno".

Abel Losada e Abel Caballero
Abel Losada e Abel Caballero | Fonte: vigoalminuto.com

Caballero  foi o encargado de liderar un proxecto que aspira a situar ao PSOE como primeiro partido na provincia. Así, criticou aos que "durante catro anos foron incapaces de resolver os problemas dos cidadáns”, en alusión ao PP e puxo como exemplo o caso de Vigo, "bo exemplo de diálogo permanente".

É un orgullo formar parte deste proxecto baseado nunha política que é especialmente estratéxica para aqueles cidadáns con problemas e que teñen dificultades para desenvolver o seu proxecto de vida nun momento no que a política é absolutamente imprescindible", dixo o rexedor. "Lamentablemente, estes anos vimos como o número de cidadáns en situación de pobreza e exclusión social creceu dunha maneira espectacular. A pretendida recuperación non chega a todos e estas persoas van ser o obxectivo fundamental da nosa acción política", remarcou.

Por iso, insistiu, o PSOE levará ao Congreso e ao Senado "un proxecto claro a nivel municipal e provincial" que está baseado "en tres pasos": lograr o crecemento económico, defender unha fiscalidade progresiva e apostar por sistemas públicos "sólidos e universais".

A lista ao Congreso está encabezada pola xuíza Dolores Galovart, á que preceden Guillermo Meijón, Belén Louzao, Antonio Vázquez, Soledade Girón, Manuel González e Vanesa Fernández. Pola súa banda, a lista de candidatos ao Senado está liderada por Abel Losada, Dulcinea Aguín e Alfonso Parada. Precisamente, Caballero tivo grandes eloxios para Losada de quen dixo que "sintetiza en si mesmo o mellor da política e do PSOE".

Ao acto non asistiu o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, que será o encargado de apadriñar a lista coxunta do PSOE galego que se presentará o vindeiro sábado en Santiago.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Con padriños coma este o neno vai quedar sen bautizar! Algúns coñecemos ben as estratexias do falabarato de Caín... http://gamela00.blogspot.com.es/201...