Temas: ABANCA MóBIL

Abanca estrea nova versión móbil

Os clientes terán ao seu alcance as melloras na experiencia de uso que introduce a tecnoloxía "3D Touch" e os novos xestos Peek e Pop.

Por GC Emprende | | 20/11/2015 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

Abanca acaba de sacar nova versin móbil. Unha nova versión para dispositivos Apple que está dispoñible para a súa descarga desde este venres tras incluír a maior parte dos avances que a empresa norteamericana lanzou a principios de setembro nos seus novos terminais e o seu novo sistema operativo.

Nova versión móbil de Abanca
Nova versión móbil de Abanca

Abanca convértese, así, na primeira entidade financeira de España que aproveita todo o potencial da nova versión do programa e da nova gama de terminais móbiles. Deste xeito, os clientes terán ao seu alcance as melloras na experiencia de uso que introduce a tecnoloxía "3D Touch" e os novos xestos Peek e Pop ademais dun sistema que facilita a información de oficinas e operacións frecuentes no propio buscador do dispositivo.

Esta nova versión da banca móbil de Abanca consegue que a comunicación co dispositivo Apple Watch estea agora máis integrada e permite compartir notificacións de acceso seguro, así como información de oficinas e caixeiros próximos. 

Temas: ABANCA MóBIL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta