Polémica destitución do delegado de USO en Santiago

A Unión Sindical Obreira (USO) comunicou a destitución de Manuel Picón, o seu coordinador en Santiago. A central informa que cando o pasado 18 de Novembro de 2015, Manuel Picón envía, vía email, un comunicado explicando a súa renuncia como Coordinador xa non o era.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/11/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

"Dificilmente un pode presentar unha renuncia a un cargo de responsabilidade que non se ocupa" di USO porque "o día 10 Xuño de 2015 a FTSP-USO de Galicia envía un burofax ao Sr. Manuel Picón comunicándolle que queda apartado de calquera cargo orgánico de representación dentro da FTSP-USO de Galicia".

Un dos motivos da destitución, segundo o Sindicato, é que "utilizaba as horas sindicais que se lle cedían para outros obxectivos distintos dos intereses sindicais da USO" na empresa Ilunion (Vinsa).  

Picón xa está afiliado a outro sindicato, pero USO dille que "esta nova opción sindical, será o cuarto sindicato onde acode, (antes UXT, CSIF e USO) o que lles pode dar unha idea das verdadeiras intencións e comportamento deste señor".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta