Ofensiva xudicial no caso da imputación do líder do PSdeG

A xuíza cita a declarar a José Ramón Besteiro o vindeiro xaneiro, mentres que a Audiencia Provincial investigará se de Lara é competente para investigar este caso como denuncian os avogados do ex presidente da Deputación de Lugo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 20/11/2015 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O caso Garañón ameaza con converterse no “culebrón” xudicial do inverno. A imputación do líder do PSdeG, José Ramón Besteiro, vai para largo e podería supor a fin da súa carreira política se non é desimputado antes da primavera do ano que ven.

Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon
Pilar de Lara, instructora do caso Pokemon

Por iso, os seus avogados decidiron presentar un duro escrito ante a Audiencia Provincial acusando á xuíza que instrúe o caso, Pilar de Lara, de non actuar “conforme a dereito” e piden que sexa outro maxistrado ou maxistrada quen instrúa o proceso.

Tras este escrito, presentado o pasado mércores, a sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo só tardou dous días en emitir unha resolución,  na que explicita que, vista a cuestión de competencia exposta polo despacho que se ocupa da representación legal do líder do PSdeG, procederase a investigar se a xuíza Pilar de Lara é competente para instruír o caso Garañón."Solicítese informe sobre o particular ao xulgado de instrución número dous desta cidade (Lugo) e ao Ministerio Fiscal", sinala este ditame. 

Tamén este venres, un dos avogados de Besteiro, entregou na audiencia outro escrito expondo unha cuestión de vulneración de competencia amparándose nas mesmas bases que supuxeron que Garzón fose apartado da causa da Memoria Histórica.

Unha ofensiva xudicial contra a xuíza que tamén tivo resposta pola súa parte. Pilar de Lara fixaba xa día para a declaración de Besteiro como imputado. Será o 12 de xaneiro, a partir do dez da mañá. A maxistrada atribúelle até catro delitos: tráfico de influencias, prevaricación, contra a ordenación do territorio e suborno. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer para saber cal vos gustaría que fose a forma admitida e correcta no galego: cabozo, calabozo ou calabouzo? Podedes participar en: https://estensiondogalego.wordpress...