Redondela pode decidir as eleccións do 20D

Os resultados do Concello de Pontevedra, xunto co de Mendavia en Navarra e Robles, en Huesca, teñen “cravado” o presidente que sae duns comicios xerais.

Por Galicia Confidencial | Redondela | 23/11/2015 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Redondela pode decidir o vindeiro presidente do Goberno español. Iso, sempre e cando, se cumpran as mesmas previsións que en 1977 e 1979, cando Adolfo Suárez chegou á Moncloa, de 1982 a 1993, cando o fixo Felipe González, de 1996 a 2000, con Aznar, en 2004 e 2008, con José Luís Rodríguez Zapatero, e en 2011, cando o gañador foi Mariano Rajoy.

Concello de Redondela
Concello de Redondela | Fonte: Turgalicia

E que este concello Pontevedrés, tal e como apunta eldiarios.es, é xunto co de Mendavia en Navarra e Robles, en Huesca, os que máis se achega aos resultados estatais.

Así, nas eleccións Xerais de 1996 o PP de Aznar alzouse coa vitoria cun 38,6% dos votos, superando por apenas 1,2 puntos ao Partido Socialista, en Redondela, os populares sacaron un 38,38%; en 2000 o Partido Popular fíxose coa maioría absoluta, obtendo 186 escanos e o 44,5% dos votos en todo o Estado: o PP logrou alí o 45,6% dos sufraxios; en 2004, o PSOE obtivo o 42,16% do apoio popular en toda España, en Redondela logrou o 41,88%; en 2008 Zapatero gañou co 43,5%, o PSOE obtivo en Redondela o 44,5%; en 2011 Rajoy foi votado polo 44,04% dos electores que acudiron ás urnas, en Redondela o PP fíxose co 43,73%.

Ao alcalde o dato sorprendeulle e comentou que “isto supón os redondelanos sabemos captar todas as sensibilidades democráticas”. Con todo Javier Bas descartou que iso supoña que vaia facer máis campaña para as xerais de dentro dun mes. “Non, non, iso suporía distorsionar uns resultados que, polo que se ve, coincidiron cos do conxunto de España porque a campaña fíxose con naturalidade”, sinalou ao tempo que tamén recoñeceu que “esta estatística é para tela en conta”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta