O concelleiro Pinocho

David Regades, concelleiro do concello de Vigo, e na actualidade 2 tenente de alcalde, é un mentireiro compulsivo.

Por Carlos González Armada | Vigo | 23/11/2015

Comparte esta noticia
O día 19 de novembro declaraba David Regades no xulgado de instrución número 7 de Vigo pola súa imputación no caso patos, (por favorecer contratos a empresas amigas), e á súa saída declaraba nas mesmas portas dese xulgado que "contestara a todas as preguntas que lle facían" cando minutos antes e dentro da sala, ante a xuíz e o fiscal negábase a responder as preguntas do avogado da plataforma Xuntos.....que desvergoña e falta de transparencia!!!....Que gran mintireiro!.
 
Se este señor é capaz de mentir con esta desvergoña en tan pouca marxe de tempo e ás portas mesmas do xulgado, como esperamos que nos goberne?, habería que preguntarse porque se negou a responder as preguntas de Xuntos, que ten que ocultar?, porque lle temen tanto a Xuntos?....ao fin eran preguntas similares ás da xuíz ou o fiscal, e ás que podería contestar o que el quixese, porque ese temor?....o día 26 o alcalde fará o mesmo?.
 
O que está claro para calquera cidadán é que se non tes nada que ocultar non tes porque negarche a declarar, o simple boto da negación para contestar supón a confirmación do que se sospeita.
 
Para terminar a mentira, o Pinocho vigues dixo que os contratos de obras menores non se adxudican a dedo, como é isto?, se non hai concurso público e adxudícase ás "empresas de confianza" é adxudicar a dedo non?.
 
Regades vive nun conto, igual que o alcalde Caballero, o papel de Regades é o de Pinocho, cal é o de cabaleiro?....o día 26 poida que o saibamos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA