Ferido un home tras arder a cociña da súa vivenda en Boiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2024 | Actualizada ás 09:40

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido e tivo que ser evacuado tras declararse un incendio na cociña da súa vivenda, situada na estrada xeral de Escarabote, en Boiro. Segundo informou o 112 Galicia, o lume, que tivo lugar ás 22,15 horas da noite do domingo, iniciouse na cociña, ocasionando danos na campá extractora e nalgún moble da mesma.

Foi un particular o que contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para dar conta dun lume no ático dun edificio de tres plantas. Na súa chamada, indicaba que non sabía se habería persoas no seu interior.

Con esta información, os xestores do CIAE 112 Galicia deron conta do incendio aos Bombeiros de Boiro, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Boiro. Tamén se informou do sucedido ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se encargaron do trasladado do ferido ao centro hospitalario de referencia.

Bombeiros traballan na extinción dun incendio
Bombeiros traballan na extinción dun incendio | Fonte: SPEIS NARÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta