Feijóo e Conde promocionan o vehículo autónomo de Citroën

O presidente da Xunta e o conselleiro de Industria realizarán un traxecto de 30 quilómetros dun dos vehículos que viaxará desde Vigo a Madrid.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 23/11/2015 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Os vehículos autónomos comezan a facerse ver, a pesar das dificultades impostas por gobernos e fabricantes. Un deles dos catro que ten PSA Peugeot Citroën realizará este luns por autovía e autoestrada o traxecto de case 600 quilómetros entre os centros de produción do grupo automobilístico de Vigo e de Madrid.

Citröen C4 Grand Picasso que fixo o pasado outubro o traxecto entre Paris e Burdeos
Citröen C4 Grand Picasso que fixo o pasado outubro o traxecto entre Paris e Burdeos | Fonte: citroën.fr

Unha viaxe que apoiará a Xunta de Galicia. E, tal é a importancia que lle dá o Goberno galego a este proxecto da factoría francesa que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, realizarán unha parte do percorrido deste vehículo entre as localidades pontevedresas do Porriño e A Cañiza.

Para realizar esta viaxe, Citroën xa conta coa autorización da DXT para iniciar as probas dos seus coches autónomos en España. O vehículo en cuestión será un do catro prototipos autónomos, baseados no Citroën C4 Grand Picasso, que este ano xa comezaron a rodar polas estradas europeas, e que en outubro percorreron os 580 quilómetros que unen París e Bordeus.

Trátase do primeiro traxecto de automóbil autónomo que se realiza en España na estrada aberta e se produce no marco da colaboración da unidade mixta de investigación constituída entre PSA Peugeot Citroën, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia e Xunta. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta