Galicia, líder en sementais

A mellor vaca do Estado está en Galicia que ten, ademais oito dos dez grandes sementais de España.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/11/2015 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Galicia segue sendo unha potencia en sementais vacúns.  A última valoración realizada pola Confederación Nacional de Frisoa Española (Conafe) volveu a pór de manifesto o elevado nivel xenético da cabana galega, dado que a mellor vaca do Estado atópase nunha explotación agropecuaria da provincia de Lugo, mentres que oito do dez mellores sementais desta raza están na empresa pública Xenética Fontao.

Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos
Pezuñas, o boi de raza rubia galega que chegou aos 2.200 quilos | Fonte: delascosasdelcomer.com

Baixo da Hermida, de Sarria, é a explotación que ten o honor de ter a mellor vaca do Estado. Trátase dun animal que naceu en xuño de 2014, grazas a un programa financiado pola propia Deputación Provincial de Lugo, e que reúne unhas extraordinarias calidades xenéticas, de modo que no futuro o seu destino é converterse en nai de excelentes produtoras de leite e sementais dunha alta valoración.

En canto aos sementais, segundo a última valoración de Conafe, a empresa pública Xenética Fontao, con sede en Lugo, ten oito do dez mellores touros, co que xa se converteu en toda unha referencia mesmo no ámbito internacional.

Neste sentido, o director executivo de Africor Lugo, Ramiro Fouz, sinalou en declaracións a EFE recollidas por varios medios que a mellora xenética non é só froito de Fontao, senón tamén de "todos os gandeiros" que participan no programa de Control Leiteiro e que "proban" a calidade deses touros nas vacas das súas granxas.

De feito, lembrou que "o importante" neste caso "non é ter a vaca “número 1 en España", senón que "esa xenética se consolide" e que todos os produtores galegos "teñan moi boas vacas nas súas explotacións". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta