O BNG di que está disposto a chegar a acordos co PP antes que cun “transfuga”

"Estamos dispostos a facer o que sexa necesario polo ben dos cidadáns da provincia de Lugo", di o deputado pronvicial Xosé Ferreiro. O PSdeG afirma que Manuel Martínez estará no pleno como deputado non adscrito.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 23/11/2015 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

O BNG está disposto a buscar antes acordos políticos co Partido Popular, se se produce unha situación de bloqueo na Deputación de Lugo, que a falar cun tránsfuga como o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez”. Así de contundente se amosou este luns o portavoz do grupo provincial do BNG, Xosé Ferreiro, ao referirse ao deputado expulsado provisionalmente do PSdeG por non apoiar ao seu grupo, nin os acordos do Goberno da Deputaciónd e Lugo.

Manuel Martínez, alcalde de Becerreá
Manuel Martínez, alcalde de Becerreá | Fonte: youtube.com

"Estamos dispostos a facer o que sexa necesario polo ben dos cidadáns da provincia de Lugo e, dado que hai unha clara situación de transfuguismo político, que altera as maiorías que deron co seu voto os cidadáns nas eleccións, temos que chegar a acordos con quen sexa necesario", suliñou. 

Por iso, non descartou que o BNG fale co PP, “se é necesario” para “saír desa lameira”. “Falaremos co PP como partido político, para saír da situación de bloqueo que pode producirse na Deputación de Lugo", suliñou, “porque o BNG, lóxicamente, cun tránsfuga, non ten pensado sentar a negociar xa que calquera acordo con el sería papel mollado”. “Non tería ningún valor, porque en calquera momento podería repetir a operación e volveríanos a deixar en minoría", engadiu.

Martínez, como non adscrito

Por outra banda, o portavoz do grupo provincial do PSdeG, Álvaro Santos, anunciou que o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, estará no pleno ordinario que se celebrará este martes na Deputación de Lugo como "deputado non adscrito", segundo o informe emitido sobre a súa situación pola Secretaría Xeral da institución.

"A Secretaría da Deputación entende que a figura de Manolo, sempre que non se solucione, nesta situación provisional e cautelar na que non ostenta ningún cargo público en nome do Partido Socialista, é a de deputado non adscrito", precisou.

De feito, Álvaro Santos sostivo que na situación de Martínez non inflúe "en absoluto" que o rexedor de Becerreá aínda non recollese o burofax que lle remitiu o partido para comunicarlle a súa suspensión cautelar como membro do grupo provincial, nin a comunicación de Ferraz na que era informado da expulsión provisional de militancia.

"É unha condición que el ten e que lle será trasladada mañá no propio pleno. Hai un punto na orde do día no que se dá conta dese informe, que é o que cataloga a situación de Manuel Martínez de cara aos plenos que se produzan mentres existan estas circunstancias", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

9 analistainternacional

agora xa non poden culpar a beiras mentres a upg amañaba có pp a saida de conflitos político-sindicais. por exemplo. que vida esta, para estes e un vidón.

8 comunista independentista

Como se se tratar dun pastel, o BNG volve repartirse Galiza co PP e co PsoE. Non saben facer outra cousa, hai moito parasito liberado que alimentar. Vergoñento.

1 Mareaylla del Podemos

Falando de rePPartos; El PP, Podemos y Ciudadanos han tumbado hoy los primeros presupuestos autonómicos del Gobierno socialista de Guillermo Fernández Vara

7 As gherras del IU

Alves Alves Miguel A estades cagando despois do 20N pidiremos responsabilidades a todos estes que nos levastes a este treejemaneje que no entende nin Dios. Non a unha unidad popular no estado e si en Galicia. Zona a unha viñeta de mortadela e Filemón. Vos estades cargando a Eu e eso non volo vamos perdoar Yolanda,Ruben e compañia Saiban máis cousas da vida de Izquierda Unida al Podemos https://m.facebook.com/story.php?st...

6 Mamando pirolas al podemos

Xoán Fajardo, de Esquerda Unida (AGE). Neste caso, nel coinciden os dous significados de casta. Ocupou cargos en Comisións Obreiras, igual ca o pai, que foi un dos fundadores e viviu sempre da política ou da actividade sindical. Yoly? Papito se enfado mucho cuando me subí el sueldo. Ferrín? Nunca meteu a filla e ao xenro na Academia,

5 LKI

"Nós-Candidatura Galega é unha operación de maquillaxe mal feita. Só sería crible se as súas cabezas de lista non formasen parte activa do partido, se nas primarias houbese opcións diferentes con posibilidades reais de éxito. Este proceso é unha das consecuencias de ter a Bieito Lobeira ao mando. Para presentar a Carlos Callón e a Carme Adán, quizais era mellor ter mantido as siglas BNG, que moita xente identifica con defensa dos intereses de Galicia. Pero tamén entendo que é unha reacción contra o desgaste da marca e nos tempos “acelerados” de hoxe quizais é máis doado “normalizar” novas marcas e se cadra xa dentro de pouco hai unha clara identificación do que significa Nós". Lugilde sobre Nós-CaGa: https://biosbardia.wordpress.com/20...