Temas: LEITE AGRO

Os gandeiros planean tractoradas en Santiago e A Coruña

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, foro no que se coordinaron algunha das tractoradas que paralizaron varias cidades este outono, advirte de novas protestas. Os gandeiros están molestos porque o prezo do leite, que subiu nos supermercados, non se está a trasladar aos produtores.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/11/2015 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Desta volta non culpan as industrias que procesan o líquido, senón á distribución, que  estaría a trasladar unha "nula repercusión" da suba nas tendas ao resto dos axentes do sector.

Conductor mostra o seu apoio a tractorada do leite en Santiago
Conductor mostra o seu apoio a tractorada do leite en Santiago | Fonte: M.V.

As mobilizacións están sobre a mesa, pero aínda non pechadas. O xoves haberá unha reunión con Ángeles Vázquez, a nova conselleira de medio rural. Ademais de mostrar o seu "malestar" por como están indo osp rezos, pediranlle a Administración que o Estado publique xa os decretos que establecen os prezos de referencia e o novo modelo de contrato homologado. Como indicación do seu enfado co Ministerio, unha das dúas tratoradas que se planean sería na Coruña, sede da Delegación do Goberno do Estado.

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo deixa claro que se non está convencida da resposta da conselleira haberá mobilizacións, tamén contra a distribución, a partir do 30 de decembro.

Segundo informa Campo Galego, o portal especializado no agro do país, "dous dos colectivos que integran a Plataforma, Unións Agrarias e a Organización de Productores de Leche propuxeran distintas accións ante a distribución e tamén ante as industrias, se ben, na reunión mantida onte, optaron finalmente por agardar acontecementos".

O sector tamén prevé negociacións coas patronais de super e hipermercados. De non haber avances, os tractores poden volver a colapsar as rúas das cidades.

Tractores de Mazaricos na protesta do leite en Santiago
Tractores de Mazaricos na protesta do leite en Santiago | Fonte: M.V.

Temas: LEITE AGRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 O Leiteiro

A loita pola xustiza seguirá en pé todo o tempo que sexa preciso. Por uns prezos do leite xustos!

3 Ana

Recomendaria os gandeiros e o resto de cidadans que se molestasen en ver o video subido a youtube co titulo seguinte (para estar todos mais despertos): "Atentado Paris 13-11, trazando escenario 3ª Guerra Mundial"

1 O Leiteiro

Vale que os atentados de paris, siria, etc... Son moi graves pero de verdade non existe nada máis? Precisamos, aparte de arranxar a violencia do mundo, comezar polo primeiro que, por moi egoísta que soe, somos nós. Os gandeiros precisan xa uns prezos sustentábeis cos que poidan seguir vivindo e traballando do seu, que é o leite.

2 teutonio

Calquera cousa co apelido 3º guerra mundial xa me da a risa..

2 Leite galega

Eo Bi(v)ieiras que outra vez o real madrid campion da liga... O AGE esta augado e a leite tamen!

1 Teutonio

Se en vez de gastar tanta enerxía a escribir contra o Beiras a empleases a aprender galego coma a xente, o leite, como le lait, ou il latte, en ningunha lingua latina menos en castelán é feminino!!

1 Leite galega

Eo Bi(v)ieiras que outra vez o real madrid campion da liga... O AGE esta augado e a leite tamen!