A cruz franquista do Monte Castro en Vigo seguirá en pé

O Tribunal Constitucional decide non admitir o recurso da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 que pedía o seu derrubo tras a sentenza do TSXG que anulaba outro fallo dun xulgado vigués que si ordenaba a súa destrución.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 24/11/2015 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

A cruz franquista do Monte Castro de Vigo seguirá no seu lugar. O Tribunal Constitucional decidiu non admitiu a trámite o recurso presentado pola Asociación Viguesa Pola Memoria Histórica do 36 contra a sentenza do TSXG que anulaba outro fallo previo dun xulgado de Vigo que ordenaba a súa destrución ao considerala un monumento de exaltación do réxime franquista.

Cruz franquista do Monte Castro, en Vigo
Cruz franquista do Monte Castro, en Vigo | Fonte: Galipedia

No seu fallo, o Constitucional non admite a trámite o recurso ante a "manifesta inexistencia" de violación do dereito de tutela xudicial efectiva invocada pola parte recorrente. Deixou finalmente anulada a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo 2 da cidade, que, posteriormente, recorreu o Concello de Vigo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O TSXG decidiu, en febreiro, revogar a sentenza deste xulgado vigués, co voto particular dunha maxistrada que entendía que o monumento si debía ser retirado. Este voto particular defendía que debe ser retirada en atención á Lei da Memoria Histórica aprobada en 2007 e que a sentenza apelada, que daba a razón á Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, tería que ser confirmada por ser "clara, precisa, congruente e motivada"

Pola contra, o resto de maxistrados do alto tribunal galego entenderon que a  cruz xa non ten un significado de exaltación da guerra civil e a ditadura, "unha vez desaparecida toda a simboloxía fascista". Os maxistrados consideran que ao contemplala hoxe tal e como está, "á marxe das crenzas superadas que motivaron a súa construción, como moitos outros monumentos á longo da historia da humanidade", debe "levar ao coñecemento e reflexión" sobre "un pasado xa superado, pero que non debe esquecerse". Un argumento que tamén mantiña o Concello de Vigo.

A Asociación Viguesa Pola Memoria Histórica do 36 solicitou o apoio económico de máis de 500 persoas e varios colectivos para poder presentar este recurso, que formalizou o pasado mes de xuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Ana

Precisamente recen acabo de ver un video interesantisimo subido a youtube co titulo seguinte: "Atentado Paris 13-11, trazando escenario 3ª Guerra Mundial" (logo de ver este video xa entendo todo)

1 helloboys

Fronte ao odio, a Cruz ¡Viva Cristo Rey! Que vaia pedindo unha subvención para recurrir ao TEDH.

1 Bastaestupidos

Que bu ero eres viva tu es tu Pi diez.vosotros sois los que también justificado el Holocausto verdad na para vosotros eran unas hoguerillas.

2 helloboys

Q.A. o sea, querida amiga Bastaestupidos ¿Y si tuvieses razón tendrías que acudir a palabras gruesas bonitiña, como por cierto hace en el parlamento gallego una ferrolana que es el paradigma de la burrita? Mira que te lo aclaro. En absoluto justifico el Holocausto, por esto opino como opino. Como estoy contra el Holocausto, censuro el que llevó adelante el Frente Popular en España, el único genocidio que hubo en España (ni Paracuellos, ni Franco, ni nada) con la matanza de unos 7.000 religiosos. Consulta tu y tus amigas si no sabeis lo que es un genocidio la Convención de 1948 para la prevención sanción del delito de genocidio, que excluye la persecución por motivos político pero incluye aquellas matanzas que se hacen por motivos religiosos ¡Viva Cristo Rey!

3 bastaestupidos

listo quien tiene que leer eres tu el ejercito fue el que metio a un ais pacifico en guerra para mantener sus privilegios igual que los de la iglesia y que yo sepa el que recocnocio que mato a 3000 extremeños fue un tal yague que se levamto en extremadura. la guerra fue los ricos contra los pobre defendieron a la iglesia y los privilegios del ejercito y la iglesia y no me gusta tu comentario machista de bonitiña tu justificas a hitler igual que el franquismo veo que te gusta matar a la gente