Temas: CRTVG PARLAMENTO

O modelo de CRTVG “independente e plural” do PP terá que agardar

O proxecto marco do ente público proposto polos populares é rexeitado e terá que ir a unha terceira votación na Cámara. A oposición critica as súas “présas" e a súa intención de querer "controlar" o ente público.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/11/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O novo marco da Corporación Radio e Televisión de Galicia terá que agardar a unha terceira votación. Logo de dúas votacións nas que non acadou a maioría das papeletas dos deputados da Cámara galega, terá que volver aopleno para que sexa aprobada por maioría simple cos votos do PP.

Unidade móbil da TVG na Praza do Obradoiro
Unidade móbil da TVG na Praza do Obradoiro | Fonte: crtvg.es

E é que este martes non acadou os 3/5 (45 votos) da maioría requirida. Tampouco puido o PP aprobala o pasado día 10 de novembro, cando eran requeridos os 2/3 (50 votos) que se esixen para que saíra adiante. Polo tanto, a norma terá que volver de novo ao pleno da Cámara lexislativa galega para que se celebre unha terceira votación. O texto que se votou este martes é o ditame da Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na que só o PP o apoiara co rexeitamento de toda a oposición.

Nesta nova votación non houbo debate. De feito, o PP rexeitou unha proposta de AGE e BNG para que esa votación non se celebrara. A oposición entende que esta proposta marco da CRTVG se fixo “ás presas” e coa intención de querer "controlar" a CRTVG para os próximos "nove anos".

Unha opinión moi diferente á dos populares que din que buscaron o “consenso” para o ente público pero non o atopou nos grupos da oposición. Ademais, o PP insiste que o seu é un proxecto "de televisión pública, independente e plural".

Temas: CRTVG PARLAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Braulio

Inadmisible a actitude duns e doutros nun pretendido réxime democrático. Entre todos Teñen secuestrada a CRTVG desde o mesmo día da súa creación. A ver se se enteran dunha puñetera vez de que A TELEVISIÓN PÚBLICA TEN QUE SER INDEPENDENTE DO PODER POLÍTICO E DO PODER ECONÓMICO.

2 Braulio

Inadmisible a actitude duns e doutros nun pretendido réxime democrático. Entre todos Teñen secuestrada a CRTVG desde o mesmo día da súa creación. A ver se se enteran dunha puñetera vez de que A TELEVISIÓN PÚBLICA TEN QUE SER INDEPENDENTE DO PODER POLÍTICO E DO PODER ECONÓMICO.

1 Ana

Grazas a Deus existe internet e podemos informarnos vendo videos como o subido a youtube co titulo seguinte: "Atentado Paris 13-11, trazando escenario 3ª Guerra Mundial"