Temas: I+D

Galicia, por debaixo da media española en gasto de I+D

Investiu 477,28 millóns de euros neste sector, un 3,7% do total do Estado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/11/2015 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Galicia estivo 0,36 puntos porcentuais por baixo da media do conxunto de España en gasto en investigación e desenvolvemento (I+D) en 2014 respecto do seu produto interior bruto (PIB). O pasado ano o investimento total foi de 477,28 millóns de euros en I+D, o que representou o 3,7% do total de España, que gastou 12.820,76 millóns de euros.

Investigadores manifestandose para pedir que non haxa recortes en I+D+I
Investigadores manifestandose para pedir que non haxa recortes en I+D+I

Só o País Vasco (2,03%), Navarra (1,75%), a Comunidade de Madrid (1,68%) e Cataluña (1,47%) superaron a media de gasto en I+D en relación ao PIB, que foi de 1,23% no conxunto de España. Segundo os datos divulgados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) tamén Andalucía (1,03%), a Comunidade Valenciana (1,02%), Castela e León (0,98%), A Rioxa (0,91%) e Aragón (0,91%) superaron a Galicia.

Por detrás de Galicia só quedaron seis autonomías;Murcia, Cantabria, Asturias, Estremadura, Castela A Mancha e Canarias e as cidades de Melilla e Ceuta,.

Con todo, comparativamente, Galicia incrementou nun 1,8% o seu investimento en I+D o ano pasado en comparación con 2013, mentres que no conxunto de España descendeu nun 1,5%.

Departamento de I+D+I da empresa Neoker
Departamento de I+D+I da empresa Neoker
Temas: I+D
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta