A guerra e a paz

"A guerra é a prolongación da política por outros medios. Esta famosa sentenza pertence a Clausewitz, un dos máis profundos escritores sobre temas militares. Os marxistas sempre consideraron esta tese, con toda razón, como a base teórica das ideas sobre a significación de cada guerra en particular. Xustamente desde este ponto de vista examinaron sempre Marx e Engels as diferentes guerras". [V. Lenin]

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 26/11/2015

Comparte esta noticia
Logo dos atentados do Estado Islámico en Paris e noutros países, instalouse o debate nos medios de comunicación e na maioría dos pobos de Europa, sobre como combater ao terror yihadista O preocupante desde o ámbito político, é que a esquerda española e europea lonxe de analizar esta problemática, desde un punto de vista de clase, repite erros de caracterización do pasado.
 
O certo é que EEUU, os países “lacaios” da OTAN, Israel, as monarquías árabes e Turquía, ante os resultados militares contundentes, da intervención rusa, mais o heroísmo dos combatentes curdos e o liderado político e militar do goberno de Siria, presidido por Bashar al-Assad, fixeron retroceder o avance do Estado Islámico e poden lograr a súa derrota militar. Os atentados de Paris teñen servido para que as potencias aliadas impulsasen unha intervención militar, que lles permita compartir o éxito da eminente derrota deste exército terrorista e ser parte máis activa das negociacións políticas en Siria. O seu obxectivo é evitar o triunfo de Siria e condicionar a continuación do presidente Bashar al-Assad.
 
Na esquerda española bótase de menos, que a maioría destas organizacións, non denuncien os verdadeiros responsables desta situación. Quizais o colmo destas posicións reformistas é a proposta de Podemos, que desde un pacifismo light, chama ao diálogo, non sabemos con quen? Outras voces, -tamén Podemos- centran as súas propostas en controlar o financiamento e a venda de armas; medidas que son importantes, pero secundarias fronte á gravidade dos acontecementos. A realidade é que existe unha guerra imposta, ao pobo e ao goberno da Siria e esta guerra ou se gaña ou se perde. Hoxe, como onte, durante a Guerra Civil española, é imposible o diálogo entre bandos, menos cando un deles, non dialoga, mata indiscriminadamente: Impón o terror, destrúe pobos enteiros e envía ao exterior a miles de refuxiados. Neste caso só ten cabimento a defensa solidaria e fraternal con o goberno sirio e o seu pobo, para derrotar militarmente ao Estado Islámico.
 
O exército terrorista debe ser vencido no campo de batalla, por todos os medios militares, evitando sempre as lamentables mortes de civís. Esta posible e necesaria derrota militar do exército terrorista, poñerá fin ao desprazamento de millóns de persoas e a reconstrución de Siria. Será posteriormente o propio pobo sirio de forma soberana, sen condicionamientos externos, o que decida o seu futuro político. O propio Lenine será quen nos ilustre de cal debe a posición dos marxistas ante a guerra:
 
“Os socialistas condenaron sempre as guerras entre os pobos como algo bárbaro e feroz. Pero a nosa actitude ante a guerra é distinta, por principio, da que asumen os pacifistas burgueses (partidarios e propagandistas da paz) e os anarquistas. Distinguímosnos dos primeiros en que comprendemos o lazo inevitable que une as guerras coa loita de clases no interior do país, e en que comprendemos que non se pode suprimir as guerras sen suprimir antes as clases e sen instaurar o socialismo; tamén en que recoñecemos plenamente a legitimidad, o carácter progresista e a necesidade das guerras civís, é dicir, das guerras da clase oprimida contra a clase opresora, dos escravos contra os esclavistas, dos campesiños servos contra os terratenientes e dos obreiros asalariados contra a burguesía. Nós, os marxistas, diferimos tanto dos pacifistas como dos anarquistas en que recoñecemos a necesidade de estudar históricamente (desde o punto de vista do materialismo dialéctico de Marx) cada guerra en particular. A historia coñeceu moitas guerras que, pese aos horrores, as ferocidades, as calamidades e os sufrimentos que toda guerra carrexa inevitablemente, foron progresistas, é dicir, útiles para o progreso da humanidade, contribuíndo a destruír institucións particularmente nocivas e reaccionarias (como, por exemplo, a autocracia ou a servidume), e as formas máis bárbaras do despotismo en Europa (a turca e a rusa). Por esta razón, hai que examinar as peculiaridades históricas da guerra actual.”
 
Os acontecementos que vive a humanidade do desenvolvemento da Terceira Guerra mundial encuberta, como sinala o propio Papa Francisco, débenos de levar a muitas reflexións e tarefas, entre elas a de articular un amplo movemento internacional antiimperialista, que garanta os dereitos soberanos dos pobos. Para iso hai que derrotar desde o político, ideolóxico e militar, os factores que están producindo esta situación de conflitos militares constantes, promovidos polas potencias imperialistas. A solidariedade antiimperialista e o internacionalismo proletario están máis vigentes que nunca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.