A Xunta gasta máis de 60.000 € en publicitar o día contra a violencia de xénero

Con estes cartos podería axudar a 100 mulleres vítima de malos tratos no fogar cun soldo mensual. O perfil maioritario das receptoras destas axudas correspóndese con mulleres das provincias da Coruña e Pontevedra, de entre 26 e 45 anos.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/11/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“Campaña publicitaria 25 de novembro, día contra a violencia de xénero”. Este é nome do novo concurso publicitario que a Xunta licitou por valor de máis de 60.000 euros para que os medios de comunicación tradicionais publiciten nun só día as bondades da Xunta neste campo.

Unha das campañas contra a violencia de xénero realizada pola Xunta e presentada pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella
Unha das campañas contra a violencia de xénero realizada pola Xunta e presentada pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella | Fonte: xunta.es

Para este concurso exprés convocado a principios de outubro, a Xunta seleccionou a tres empresas publicitarias; Proximia Havas, SL, Ingenio Media, SL e C Grupo de empresas de comunicación, marketing e investigación, SA. Finalmente, a seleccionada foi a coruñesa Ingenio Media.

A campaña levaba por lema "Se hai saída á vilencia de xénero é grazas a ti. ÚNETE", e apareceu nos medios habituais nos que a Xunta se soe publicitar, é dicir, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso, El Correo Gallego ou La Región, entre outros.  O obxectivo era destacar o seu compromiso na loita contra a violencia de xénero.

Este diñeiro que o Goberno galego gastará nun só día de campaña podería servir para dar 100 soldos mensuais ou oito soldos anuais a vítimas de violencia de xénero. Precisamente, a media das axudas por mes é, segundo a Secretaría Xeral de Igualdade, de 600 euros.

Estas  axudas periódicas son percibidas polas vítimas por un máximo de 12 meses, cunha contía de entre 300 e 800 euros dependendo da súa situación económica e as cargas familiares da muller. Segundo a propia Xunta, o perfil maioritario das receptoras correspóndese con mulleres das provincias da Coruña e Pontevedra “o 75% do total”, con idades comprendidas entre os 26 e os 45 anos e de nacionalidade española no 81 por cento dos casos. O 63 por cento das beneficiarias tiña fillos.  

Publicidade aparecida en La Voz de Galicia sobre unha campaña de Violencia de xénero
Publicidade aparecida en La Voz de Galicia sobre unha campaña de Violencia de xénero

Precisamente, este mércores a responsable da Casa de Acollida de vítimas de Violencia de xénero de Ferrol denunciou o colapso do seu centro e a falta de axudas para atender a todas as persoas que acuden a pedir asistencia. Este centro ten xa ocupadas as súas 15 prazas. Por iso, pediulle máis medios á Administración galega.

A pesar da publicidade da Xunta, o certo é que os datos indican unha crúa realidade. No que vai de ano foron xa asasinadas 12 persoas –mulleres, homes e nenos--, vítimas da violencia de xénero. Un número superior ao do pasado ano, sen que teña acabado, aínda, o 2015.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 xan

A Axencia é endogámica de curritos a xefes e viceversa

7 pico

Na Axencia hai contratos blindados e millonarios, ríense da Conselleira que non pode facer nada . Outra muller burlada

6 Maria m.p.

Pero, imos ver. Credes que 60000 euros á prensa serve dalgo nesta grave problemática?. É unha vergoña. Eses carros que vaian a educación ou concienciación pero non a propaganda, por favor. Este é un tema serio e, nostrus, non mestures o touciño coa velocidade. Se tiveches unha separación traumática non é culpa de todas as mulleres.

1 nostrus

No, no, no estoy separado, pero por lo que se ve, probablemete fuiste tu la beneficiada en una separacion y no te conviene ese tema. Si fuera de tu calaña te responderia que yo no tengo la culpa de las mujeres maltratadas, pero no lo hago, simplemente digo que tambien reclamo la solidaridad de las mujeres para que una separacion se haga con justicia. Para mi estan deplorable el machismo como el hembrismo, pero a lo mejor pata ti solo lo es el machismo porque tu eres hembrista

2 muller

Nostrus repartindo etiquetas e dicindo o que somos e o quen non. Mira ao teu redor e despois falamos de hembrismo. Non fai falla estar á defensiva cando non te estan a atacar. Relaxa un chisco, homiño!

5 xan

A axencia é un coladero de falsos gastos e non digamos a área xurídica que lle da cobertura

4 xan

O problema da violencia de xénero é a falta de ideas é unha visión de conxunto.,pero é unha opinión.