Alertan de perdas a 35.000 clientes do Banco Popular pola conversión dos seus bonos

Ausbanc di que este cambio podería supoñer perdas dun 81% do valor adquirido xa que o banco venderaos a 3,33 euros, cando foron adquiridos a 17,61.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/11/2015 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Banco Popular comunicou este mércores á CNMV o troco obrigatorio da súa emisión de bonos por accións da entidade. Os bonistas adquiriron este complexo produto no ano 2009 por 17,61 euros e agora o troco prodúcese a 3,33 euros, o que significa, segundo a Asociación de Usuarios Bancarios (Ausbanc),  asumir unhas perdas dun 81% que afectan a uns 35.000 clientes da entidade.

A plataforma de afectados por abusos bancarios nunha protesta diante do Banco Popular
A plataforma de afectados por abusos bancarios nunha protesta diante do Banco Popular

A día de hoxe, tendo en conta o valor da acción actual, estes clientes vense abocados a esa conversión obrigada en accións con fortes baixadas do seu valor de emisión, debendo ademais, se fose o caso, reintegrar o importe do préstamo que lles concedeu o banco para financiar a compra dos bonos. “En moitos casos a entidade ocultou ao cliente as condicións e implicacións financeiras reais do produto, aproveitándose da absoluta confianza depositada polo mesmo nese banco. O incumprimento pola entidade dos seus deberes legais abre a posibilidade de reclamar”, apunta esta entidade.

Pero, que son os bonos convertibles?. É un activo financeiro -un produto de renda fixa- que pode converterse en accións e por tanto pasar a ser un produto de renda variable. “Dita conversión pode ser voluntaria ou obrigatoria, o principal punto que debe ter en conta a persoa que o adquire, xa que se é obrigatoria, ese bono convertible non será realmente un produto de renda fixa, senón variable, xa que, antes ou despois quen o adquira pasará a ter, obrigatoriamente, accións”, explican desde Ausbanc.

Estas obrigacións obrigatoriamente convertibles son, por tanto, produtos de renda variable, non de renda fixa, e non deberían venderse, segunda esta entidade, como produtos de renda fixa, así como tampouco deberían venderse a clientes sen coñecementos, nin a suficiente información sobre os mesmos. 

“Responden ao principio de outorgar solvencia á entidade, convertendo á súa vencimiento aos clientes que as adquiriron en accionistas, evitando así a devolución dos importes solicitados na súa emisión”, suliña. “Non se trata dunha opción, polo que o único transparente deste produto é que o cliente coñece que chegada a data do seu vencemento, pasará a ser accionista do banco”, engade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Marta Fernández

En Galicia, más de 1000 personas perderemos cerca del 80%. Y nos estamos agrupando en torno a Los Afectados de Bonos del Banco Popular, con la asesoría de Rúa Abogados ( www.ruaabogados.es )