Vence ve "un despropósito" que o chamen a declarar no xuízo sobre Resistencia Galega

O voceiro e o secretario nacional do BNG terán que comparecer como testemuñas diante da Audiencia Nacional a raíz da Operación Jaro. A declaración está prevista para escasos días antes das eleccións xerais. "Xa é puntería", ironiza o líder do Bloque.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/11/2015 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

"Ser citados como testemuñas o 14D polo asunto Causa Galiza é un despropósito pero farémolo con total tranquilidade com calquera testemuña". Así reaccionou o voceiro nacional do Bloque ao chamamento a declarar diante da Audiencia Nacional.

Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014
Carteis de Lola Castro Lamas Mariana e Jose Vilar Regueiro, dous mortos do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC), no acto do Día da Galiza Combatente de Causa Galiza en 2014 | Fonte: gzvideos youtube

Xavier Vence e Bieito Lobeira, secretario de organización, deberán acudir ao tribunal en relación a última operación contra a banda terrorista Resistencia Galega. O 2 de novembro nove persoas foron detidas na Operación Jaro, todas elas membros da Executiva da pequena formación independentista Causa Galiza.

Descoñécese a razón concreta do xuíz Eloy Velasco para chamar a declarar como testemuñas a cúpula do Bloque. Consultadas por GC, voceiros oficiais da fronte indican que na citación recibida non se dan máis detalles. Lobeira, e non Vence, comparacerá ante os medios hoxe as 12 horas para afondar no asunto.

A Xustiza acusa aos membros de Causa Galiza de realizar varios actos de homenaxe a terroristas, en particular o último Día da Galiza Combatente, tanto de Resistencia Galega como do Exercito Guerrilleiro do Pobo Galego Ceibe. As acusacións son graves, especiamente porque entre elas está a de integración en organización terrorista.

Libres pero imputados, varios dos independentistas detidos deron unha rolda de prensa na que defenderon en todo momento a legalidade o seu traballo político. Na comparecencia en Vigo o 14 de novembro, denunciaron que se trata dun "atropelo judicial e policial" e criticaron ao Goberno por dicir que se "descabezara unha organización terrorista" cando “nom existem dados concretos nem objetivos que permitam à Guardia Civil nem à Audiencia Nacional determinar que esta organizaçom política desenvolve atividades ilegais”.  Engadiron que son "pessoas que tenhem umha vida civil absolutamente normal com postos de trabalho e família com umha atividade política pública”.

Detencion dun independentista durante a Operación Jaro, que o Estado vincula con Resistencia Galega
Detencion dun independentista durante a Operación Jaro, que o Estado vincula con Resistencia Galega | Fonte: Diario Liberdade

Cando foron presos, a Executiva Nacional do BNG cualificou como  "un ataque aos dereitos democráticos" a suspensión de actividade da organización independentista Causa Galiza, decretada polo dous anos e que os imputados din van recurrir. O Bloque tamén alertara do "acelerado retroceso no exercicio de dereitos democráticos que se está a dar na Galiza".

Tras o xiro cara o soberanismo do último lustro, o BNG achegouse a organizacións independentistas como Causa Galiza, mantendo reunións con elas na busca da unidade de acción do nacionalismo e chegando a explorar a posibilidade de presentarse xuntos as eleccións europeas de 2013 . O Bloque mantén dende sempre unha actitude clara de condena a violencia terrorista.

Vence e Lobeira deberán declarar como testemuñas o 14 de decembro, poucos días antes das eleccións xerais, nas que o BNG apoia a Nos Candidatura Galega, plataforma na que non participa Causa Galiza. "Cóstame imaxinar que utilidade lle pode ter a miña testemuña ao xuíz Velasco, pero citar para a última semana de campaña xa é ter puntería", declarou Vence esta mañá, sorprendido polo chamamento e ironizando sobre a proximidade da declaración coa cida electoral.

Vence e Lobeira no Consello Nacional do BNG
Vence e Lobeira no Consello Nacional do BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

9 Cortinas de fume

Entre Catalunya, todo é ETA, votar PP ou marca branca de Rivera dalle a napia, para non gobernar a progresia expañola. Ou votar piñeirismo marca branca dos PSEbreiros para non gobernar PPaifoqueiros, están a secuestrar a opinión pública o verdadeiro debate. A situación catastrófica por mor dos sucesivos gobernos PPSOE- O estado expañol na ruina vive a crédito por esgotar presuposto 2015 dende 1 de Novembro. Agachan o default e deflación valeirando a Caixa das pensións. Pucherazo ao prohibir exercer o voto a 1.700.000 votantes na diáspora...

8 a quén temen os franquistas?

Uns levan presos políticos nas listas, outros xenerais xenocidas da OTAN.

7 Antas de Ulla

Esto debe ser por ir con Bildu nas europeas. Un toque de atención. A ver que fai o BNG, porque estos son moi de apoiar todas as loitas que estean a varios miles de quilómetros: Palestina, Curdistán, Colombia, etc. Pero aquí sempre foron unhas r atas neste tema.

1 Estirpe de porco

Aquí a única rat a es ti. Hai que ser ben mal nacido...

6 sdhr

Dime con quen andas... A min non me van chamar porque non me trato con esa niñada de ratos.

5 Eudogio

A culpa é do BNG.

1 fuco

Pois neste caso un pouquiño si, sobretodo porque ao Lobeira se lle viu ás claras que o que lle importa é salvar o seu cú: o absurdo non é que te chamen a declaran nunhas dilixencias contra Causa Galiza, as dilixencias contra Causa Galiza son o absurdo!