A Xunta mantén ao xerente do novo hospital de Vigo e nomea novos cargos

O Álvaro Cunqueiro contará con catro novos directores de área e dous subdirectores, que substitúen ao persoal que dimitiu ou foi cesado tras as polémicas dos últimos meses.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/11/2015 | Actualizada ás 21:24

Comparte esta noticia

Félix Rubial, xerente do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, manterase no seu posto a pesar das numerosas protestas dos traballadores e das dimisións de xefes de servizo e directores de área. A pesar diso, o Sergas decidiu confiar nel para liderar un novo equipo composto por seis novos profesionais que ocuparán as direccións de Procesos Asistenciais, Procesos sen Ingreso e Urxencias, Procesos de Soporte e Recursos Humanos; así como as subdireccións de Procesos sen Ingreso e Urxencias e Procesos de Enfermaría sen Ingreso.

Enfermeiras no novo hospital de Vigo
Enfermeiras no novo hospital de Vigo

“Estas substitucións enmárcanse na nova etapa de axuste e consolidación do proceso de reordenación sanitaria que leva a cabo no CHUVI”, dixo Rubial na presentación deste novo equipo. “Agora dáse un paso adiante cara a unha nova fase cun período estimado de entre seis e doce meses, e que está marcada por novas necesidades e obxectivos", suliñou

Deste xeito, Julio García Comesaña, até hoxe subdirector xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa do Sergas, ocupará a dirección de Procesos Asistenciais en substitución de Mar Vélez. A dirección de Procesos Asistenciais sen Ingreso e Urxencias será desempeñada agora por Mariola Rodríguez, que relevará a Javier Caramés.

Javier Puente Prieto será o novo director de Procesos de Soporte e relevará a Ana Saracho, mentres que a dirección de Recursos Humanos recaerá en Ana Comesaña, que collerá a substitución de José María Solís.

Nesta nova etapa tamén se relevarán do equipo directivo varias subdireccións, como as dúas de Procesos sen Ingreso e Urxencias, actualmente ocupadas por José Benito Rodríguez e Juan Lázaro, e a subdirección de Procesos de Enfermaría sen Ingreso, ocupada por Belén Vázquez. En substitución de José Benito Rodríguez nomeouse a Elena Lorenzo, mentres que a outra subdirección de Procesos sen Ingreso e Urxencias será cuberta nos próximos días. No relativo aos Procesos de Enfermaría sen Ingreso, esta subdirección será liderada por Ana Estévez, que xa foi directora de Enfermaría do CHUVI.

Trátase de novos perfís directivos que presentan como característica común a súa vinculación persoal e profesional coa área de Vigo xa que case todos eles ocuparon postos de responsabilidade nos centros de xestión, tanto de atención primaria como do CHUVI”, suliñou Rubial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anónimo

Participade na enquisa que estou a facer pra saber cal vos parece que tería que ser a forma correcta e admitida no galego: evoluir ou evolucionar? Podedes participar en https://estensiondogalego.wordpress...