Caballero sobre a recepción de regalos: "Nada de nada"

O alcalde de Vigo nega ter recibido agasllos de empresas contratadas polo concello e investigados no marco da operación Patos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/11/2015 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

"Clariña como a auga, nada de nada de nada". Con esta contundencia se referiu este xoves o alcalde de Vigo, Abel Caballero, sobre a súa implicación na percepción de supostos regalos que tería recibido dunha empresa contratada polo concello.

Abel Caballero, alcalde de Vigo
Abel Caballero, alcalde de Vigo | Fonte: moicelestes

Tras a súa declaración como imputado na Operación Patos, insistiu que que non falou na súa vida con Enrique Alonso Pais, presunto xefe desta suposta trama de presuntas irregularidades en contratacións públicas, e negou que recibise agasallos.

"O outro -por un reloxo- non o recibín nunca, como todo o mundo sabe. E iso é unha obviedad que aquí non hai nada de nada de nada", insistiu. Ademais, destacou que a propia Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (Udef) recoñece que que un dos agasallos "non se puido producir" porque a empresa devolveuno ao establecemento onde o comprou, en alusión a unha pluma estilográfica.

Consultado pola prensa por se contestou ás preguntas da acusación particular, ao estar personados Marea e Xuntos, referiuse Abel Caballero unicamente aos primeiros e, con ironía, contestou: "Aos avogados dun partido que non tivo a decencia de votar e apoiar que lle poñamos unha rúa a unha policía que deixou a súa vida pola cidade?, a un partido indecente que non apoiou iso, voulle a contestar o seu avogado?, vostedes de que falan?", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Gamela

E ao mellor leva razón... el non recibe regalos, dá REGALOS aos seus "amigos" que pagamos todos nós...! Concesionaria Auditorio Mar de Vigo = 1.157.000 €uros / ano = E ninguén dí nada...? O Concello de Vigo é moi xeneroso cos de fóra... e demasiado tacaño cos da casa... non é...? // http://carlosprincipe.com/2015/12/1...

2 Gamela

Florentino verdadeiro beneficiario das concesións do Concello de Caín Caballero ! http://www.noticiasvigo.es/o-cheque...

1 Gamela

Exemplo da INDECENCIA deste persoeiro é botarlle terra aos ollos da xente falando do que non se lle pregunta ! Certamente a "Marea de Vigo" non está facendo ben o seu traballo de oposición e así lle vai... Antes xa sucedeu o mesmiño co BNG, na anterior lexislatura, que levou do lombo e do solombo sen rechistar... e desapareu do Concello! As tácticas deste Caín da política local dan bos resultados a xulgar polos 73.000 votos e 17 concelleiros que colleitou no mes de maio pasado! Vergoña dá este "falabarato" !

1 Gamela

Teremos que agardar a coñecer cales foron as preguntas dos avogados da acusación particular que non quixo responder Abel se Carlos Príncipe publica algo no seu blog... http://carlosprincipe.com/