Por Galicia Confidencial | Coompostela | 26/11/2015 | Actualizada ás 12:37
Un cento de traballadores da Xunta manifestouse este xoves en Santiago para esixir a recuperación do poder adquisitivo perdido logo de conxelacións salariais e recurtes de pagas e dos "dereitos cernados" durante a crise. Un poder aquisitivo que CIG-Autonómica cifra nun 30% menos desde o 2008.
"Agora que a recuperación económica é certa como di a Xunta é hora de recuperar os nosos dereitos", apuntou Rodolfo Docampo, do comité intercentros do persoal laboral da Xunta, en declaracións aos medios.
O persoal laboral concentrouse diante da Cámara galega. Unha das súas reivindicacións fundamentais é a derrogación da lei de 2012 que supuxo, segundo critican, restricións en canto aos dous días continuados de descanso, compensacións por domingos e festivos e o fondo de acción social. "Amparándose na crise", apuntou.
Representantes destes empregados públicos --un total duns 9.000 na comunidade-- reuníronse o pasado día 19 con responsables dos grupos parlamentarios na Cámara autonómica para que presenten iniciativas na Cámara sobre a súa situación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.