Ollo cos prazos de entrega de Amazon no Black Friday

O xigante do comercio electrónico non é quen de facer chegar os pedidos dentro do prazo fixado, denuncia a Unión de Consumidores de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/11/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

UCGAL quere advertir ós clientes e usuarios de Amazon España, sobre todo tendo en conta a proximidade dunha data tan sinalada como o Black Friday, que poñan especial atención ós prazos de entrega dos pedidos que promete a compañía, e que son vinculantes. Esta organización, ven de comprobar o incumprimento, por parte de Amazon, das condicións determinadas dun envío do servizo Premium, un servizo de pago.

Lendo un libro electrónico nun Kindle de Amazon
Lendo un libro electrónico nun Kindle de Amazon | Fonte: Zenobia Joy Flickr

Un asociado deste colectivo comprou onte, día 25 de novembro, un produto no portal de Amazon facendo uso da súa conta Premium. A data de entrega garantida, segundo o primeiro aviso da empresa, sería ó día seguinte. O grupo de consumidores denuncia que "Non obstante, menos de oito minutos máis tarde, o noso asociado recibiu o aviso de que a entrega se realizaría ‘posiblemente’ un día máis tarde".

UCGAL denuncia que "neste caso concreto, Amazon non só incumpre as súas condicións de envío senón que tamén vulnera os dereitos da persoa consumidora". Tendo en conta que estamos ás portas do Black Friday, data na que os pedidos e as ventas no comercio electrónico se disparan, xorde a cuestión de se Amazon será quen de cumprir con todos os envíos dentro do tempo esixido, unha cuestión que Unión de Consumidores de Galicia dubida seriamente.

Esta organización aproveita para porse a disposición de todas aquelas persoas que sexan vítimas de situacións como a que acabamos de expoñer de cara á consolidación dunha denuncia que xa prepara.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta