Temas: BALTAR OURENSE

Dimite en pleno o comité de ética que estudaba a denuncia contra Baltar

A decisión prodúcese logo de que este ente de transparencia recoñeza a súa “inoperancia” para avaliar a denuncia contra Baltar.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/11/2015 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

Os membros do comité ético da Deputación de Ourense presentaron na tarde deste xoves a súa dimisión, o mesmo no que se analizaba a denuncia dunha muller contra o presidente provincial, Manuel Baltar, ao que acusou de ofrecerlle traballo a cambio de sexo.

José Manuel Baltar
José Manuel Baltar | Fonte: DF

O Comité de Ética, presidido polo avogado Miguel Ángel González Trigás, designado polo Colexio de Avogados de Ourense, estaba integrado por Jesús Branco, como membro do Colexio de Secretarios e Interventores; Enrique Varela, designado por Transparencia Internacional; e Antonio González, da Universidade de Vigo.

Este comité fora impulsado polo propio Baltar, logo de presentar o Código Ético da institución provincial. Agora terá que ser o presidente da institución provincial o que decida que pasos seguen e se realizan outro sorteo para designar aos próximos membros do comité.

Esta decisión chega logo de que este comité non se puidera manifestar ante as denuncias realizadas por unha muller contra Baltar. Este organismo considera que é “inoperante” e “alleo” para xulgar este caso ao non dispor de información suficiente sobre o mesmo e ao non considerar “satisfactorias” as respostas ofrecidas polo presidente provincial en relación con estes feitos. 

Os membros do comité entenden que as respostas ofrecidas por Baltar enmárcanse dentro “dun contido xurídico ou político" que ven "alleo" ao funcionamento do propio comité "posto que non lles corresponde aplicar sancións". "Lido e analizado o escrito achegado polo presidente da Deputación, o comité de ética non considera satisfactorias as respostas que adoptan un contido xurídico e político ao que o comité é alleo", abunda o texto.

Así, desde o comité advirten de que o seu labor non é "aplicar sancións senón cualificar condutas" e continúan dicindo que, nas súas respostas, Manuel Baltar "non admite, pero tampouco nega, a realidade dos feitos".

Temas: BALTAR OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Seica imos ter que aturar que o raposo garde das galiñas? Somos verdadeiramente "galiñas" políticas cando aturamos a este noxento fillo do seu pai sen defenestralo accidentalmente !!!