Un centro educativo de Baio organiza a primeira foliada Solidara por Siria

“Estes rapaces e rapazas de apenas dezaseis anos queren concienciar e mostrar ao mundo que a pesar da distancia, todos debemos por o noso gran de area para axudar a aqueles que tanto o precisan”, apuntan.

Por Galicia Confidencial | Baio | 27/11/2015 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Un grupo de alumnas e alumnos do Instituto Maximino Romero de Lema de Baio acaba de organizar a primeira “Foliada Solidaria por Siria”. Unha iniciativa que xurde da aula "Artes escénicas e Xestión Cultural" que cursan alumnos de 1º de Bacharelato. 

c¡Campo de refuxiados sirios en Zaatari, Jordania
c¡Campo de refuxiados sirios en Zaatari, Jordania | Fonte: rt.com

“Decidimos por en práctica unha proposta de traballo teórico e conseguimos facer realidade dita iniciativa para o vindeiro sábado 28 de novembro”, apuntan nun comunicado. Así, suliñan que todas as persoas que se implican no proxecto (alumnado, profesorado, asociacións do pobo, equipo de son, cartelería, artistas...) realizan o seu traballo a custo cero. “Todo un reto conseguido a base de correos e explicacións do proxecto”, apuntan.

Todo o recadado no evento será integramente para Médicos Sen Fronteiras. A proposta consta dunha visualización do vídeo "Quiero irme a casa" de Cristina Antuña, dun Microteatro AWLAD sobre a infancia na guerra de Nadia Hariri e Lia Pichel e unha Foliada Solidaria a cargo de Xurxo Souto
, Taghaitaí
, Do Fondo do Peto
e Taín
.

O concerto comezará ás 20:00h e o bono axuda será de 5 euros íntegro para Médicos Sen Fronteiras. Ao finalizar, sobre as 22:00h, dará comezo unha foliada aberta, guiada polo grupo de gaitas do centro “Vintenbaio”. “Estes rapaces e rapazas de apenas dezaseis anos queren concienciar e mostrar ao mundo que a pesar da distancia, todos debemos por o noso gran de area para axudar a aqueles que tanto o precisan”, conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta