"Cidades rebeldes" de todo o Estado acuden a Galicia

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau; o rexedor de Cádiz, José María González ‘Kichi’; o de Santiago de Compostela; Martiño Noriega; o de Valencia, Joan Ribó; o de Zaragoza, Pedro Santiesteve; e o de Ferrol, Jorge Suárez. Esta é a lista de alcaldes participantes do Encontro das Cidades Polo Ben Común deste sábado. Tamén participan representantes de Badalona, Madrid, Oviedoe e Iruña.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 27/11/2015 | Actualizada ás 12:34

Comparte esta noticia

A conferencia de edís que gañaron o poder local tras o éxito dalgunhas das candidaturas rupturistas de base o pasado 24 M comezará a partir das 19.30 horas, en Palexco, este sábado, 28 de novembro, na Coruña.

Os tres alcaldes das mareas galegas; Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez con algúns dos seus asesores no aeroporto de Madrid camiño a unha das xuntanzas dos alcaldes das mareas
Os tres alcaldes das mareas galegas; Xulio Ferreiro, Martiño Noriega e Jorge Suárez con algúns dos seus asesores no aeroporto de Madrid camiño a unha das xuntanzas dos alcaldes das mareas | Fonte: FB Miguel R. Penas

O anfitrión, Xulio Ferreiro, desvinculou hoxe a convocatoria deste evento das próximas eleccións xerais.  Cómpre lembrar que se trata da segunda xunzanta deste tipo, tras a realizada en setembro en Barcelona. A marea local, a Marea Atlántica, cualificana xuntanza como "encontro das cidades rebeldes". 

Ferreiro di que destes encontros saen resultados concretos

Ferreiro manifestou esta mañá, ante os medios, que o obxectivo principal deste encontro institucional é “analizar como podemos seguir traballando de forma conxunta para resolver problemáticas que nos son comúns”.

 

“A idea é que nos vexamos todos de cando en vez ­­sempre que nolo permitan as nosas obrigas nas nosas cidades­­ e poñamos en común as nosas experiencias de traballo. Da primeira reunión saíu, sen ir máis lonxe, unha convocatoria común para un proxecto europeo

de red.es, onde nos presentamos varias cidades de forma conxunta, algo que se prima neste

tipo de candidaturas. Trátase de ir cos tempos”, argumentou o alcalde da Coruña.

 

Programa

 

Está previsto que a recepción de alcaldes e alcaldesas se inicie ás dez da mañá deste sábado. Os representantes municipais dos distintos concellos que participan no encontro municipalista serán recibidos no Salón de Plenos do Pazo de María Pita polo alcalde Xulio Ferreiro e o grupo de Goberno. Ao término, farase unha foto de familia na escaleira de honra, e está previsto un breve encontro cos medios de comunicación.

 

En torno as 10.45 horas da mañá os rexedores e rexedoras dirixiranse á Alcaldía Oficial para

firmar no libro de honra do Concello e, posteriormente, se trasladarán ao Salón Vermello onde terá lugar unha reunión de traballo. De xeito paralelo, produciranse outros encontros de traballo entre membros das diversas delegacións municipais.

 

En torno ás 12.25 horas un autobús desprazará aos representantes locais á Estación de Tren, para o seu traslado ata Santiago de Compostela, onde os representantes municipais tamén serán recibidos no Concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

7 El alcalvo está calvo

JAJAJAJ rebeldes muncipalizando a ORA e pagando a paga dos funcionarios ou facendo urbanismo do PP como o de CCOO de Ferrol. Rebeldes con alguns dos seus asesores

6 Alá vai

Home! ¡Los chicos de la sexta!

5 Ana

Hai un video boisimo subido a youtube co titulo "Seis Meses Con Carmena" donde se contan os logros da nova alcaldesa de Madrid: baixan impostos e aumentan o gasto social, mais participacion da cidadania, mais barrendeiros, acabar coas mamandurrias, solucionar o problema dos desahucios, etc. Lamentablemente os grandes medios non informan dos logros dos novos alcaldes.

1 Gamela

Gracias o vídeo non minte !!! https://youtu.be/S-44eSjXQvM En Vigo temos un dinosaurio que minte día sí e día tamén... e polo que se vé máis de 73.000 farrucos están encantados coas súas concesións e privatizacións socialistas ?

2 23 asesores de Iulius

Hai unha noticia boisima aparecida onte onde se ve a Carmena votando co PP unha operacion urbanistica. Lamentablemente os grandes medios estan todo o dia dando a brasa cos novos alcaldes e non informan da proxeria da sua nova politica

4 As gherras del IU

Una duda sin maldad: ¿a los de Zamora no los llaman nunca para los saraos de las "alcaldías del cambio", o es que ellos pasan de posturear?

3 PedroC

A que van a España os alcaldes de Santiago ou Ferrol? Que carallo pintan aquí os alcaldes de Cádiz ou Madrid? Non acabo de entendelo.