Temas: PARLAMENTO

O PP non quere que se investigue a actual situación do galego

Rexeita crear unha comisión para investigar o estado da lingua e critica á oposición por non aceptar o consenso que lle ofrece a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/11/2015 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

Os recentes estudos e informes sobre a situación do galego non son nada favorables para o futuro da lingua. A pesar diso, o PP non quere investigar, en profundidade, a situación do idioma en Galicia. Os seus votos impediron este venres a constitución dunha comisión parlamentaria de estudo para levar a cabo un diagnóstico sobre a actual situación en que se atopa a lingua, e poder así avanzar no que establece o Plan de Normalización Lingüística.

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

A proposición non de lei foi debatida na Comisión de Educación e Cultura da Cámara galega por iniciativa do grupo de Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Neste sentido, o deputado Xabier Ron referiuse durante a súa intervención ao perigo que representa o feito de que a lingua galega "se converta en obxecto etnográfico dentro mesmo da propia Galicia".

Con todo, os populates non aprecian que o galego este en perigo. Para o popular Agustín Baamonde, a creación dunha comisión parlamentaria arrincaría "de posicionamentos claramente definidos", e acusou á oposición de rexeitar a posibilidade de consenso ao redor da lingua que lles ofreceu a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

E, aínda que recoñeceu que o problema da lingua galega "non está no ensino", senón "na non utilización do galego polas persoas novas, fóra das aulas", destacou que as sentenzas do TSXG e do Tribunal Supremo "constatan claramente como o decreto do plurilingüismo está a cumprir a súa función de equilibrio no coñecemento de ambas as linguas".

O futuro do galego depende de moitísimos factores pero tamén da imaxe da lingua que proxectamos de cara á sociedade; o galego será o que a sociedade galega queira que sexa", engadiu. Por iso, indicou que "o discurso catastrofista, victimista, de morte do galego, é perigoso porque vén dar a razón a quen queren enterrar a lingua".

A deputada socialista Concepción Burgo manifestou que o "desprestixio" da lingua galega comezou "cando o PP enfrontou a toda a sociedade en procura tan só duns votos", en alusión á promulgación do decreto do plurilingüismo. "Todas as estatísticas sobre o uso do galego son preocupantes para todos excepto para o Partido Popular", afirmou

Pola súa banda, o deputado Cosme Pombo, do BNG, puxo a voz de alarma ao sinalar que o galego é o único idioma que perde falantes en todo o Estado, e considerou que "o punto de partida" é a derrogación do decreto do plurilingüismo.

Carmen Iglesias, do grupo Mixto, sinalou que a metade dos mozos galegos nunca utilizan a lingua galega para expresarse, "sinal -dixo- de que o bilingüismo armónico de Feijóo non está a triunfar".

Temas: PARLAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Chousa

A saúde do corpo humano necesita de revisións periódicas para comprobar que todo vai ben; ou, se se detecta algunha anomalía, poder corrixila. Pois coa lingua pasa igualiño. E se a Xunta non quere sometele ao análese...por algo será

1 nostrus

O galego terá a situación que a xente queira que teña e intentar aumentar o número de falantes é tan contraprodicente como intentar aumentar o número de fieis cristians ou o número de homosexuais. Abonda con que sexa oficial e con garantir que a use todo aquel que queira. Xa cheira tanta tonteria co galego.

1 fartodelespañol

quien fedes eres tu fascista y por lo que veo homofobo lo tienes todo, nostrus me das un tufillo a neonazi que tira para tras te lo digo siempre cuando no me obligueis a aprender español habra igualdad mientras no tengo libertad por culpa del estado fascista español.