Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2024 | Actualizada ás 18:27
A Mesa pola Normalización Lingüística comunicou que presentou unha demanda contra a UNED por non corrixir un exame a un alumno, --o membro do BNG Bieito Lobeira--, por estar escrito en galego. Tal e como informou A Mesa, a UNED defende que "o equipo docente non ten competencia nin instrumentos para avaliar unha proba redactada nun idioma diferente do castelán" e que, "en consecuencia", "non ten obrigación de corrixilo". Ante isto, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, lembrou que a UNED é "unha universidade pública", polo que, na súa opinión, "debe dar exemplo, respectando a oficialidade do galego".
"Ningunha persoa que se examine en Galicia ten que ser obrigada ou coaccionada a facer un exame en castelán", sinalou o presidente da entidade.
Neste contexto, despois de que o reitorado desestimase o recurso de alzada interposto polo alumno, A Mesa solicita agora xudicialmente que se recoñeza "o dereito a que un docente da UNED corrixa e puntúe o seu exame", así como que "se lle recoñeza o seu dereito a realizar todos os exames na lingua cooficial do territorio no que se examine".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.