Contra a pobreza enerxética en pleno dispendio de recursos públicos para o alumeado de Nadal

A Oficina de Dereitos Sociais do barrio vigés de Coia e Galiza Contrainfo visibilizan aos miles de galegos que viven na máis absoluta escuridade mentres os concellos gastan miles de euros en alumear as rúas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 28/11/2015 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

En Galicia, 65.000 persoas sofren pobreza enerxética, é dicir, non poden facer fronte ás facturas da luz, gas ou calefacción. Unha realidade que contrasta co dispendio de recursos públicos que por estas datas se fai para alumear as rúas das localidades de todo o país.

A pobreza enerxética, unha realidade invisible.
A pobreza enerxética, unha realidade invisible. | Fonte: ODS, Galiza Contrainfo

Só en Vigo, o Concello gastou 400.000 euros en máis de 2 millóns de lámpadas de cores para decorar as rúas da cidade, mentres centos de veciños viven na máis absoluta escuridade, sen poder cociñar ou acender un televisor ou unha radio, e co frío e a humidade metidos na casa, en condicións de precariedade enerxética inaceptables nun país cunha das facturas eléctricas máis altas de Europa pero cos soldos máis baixos e unha das maiores taxas de paro na UE.

Fronte a este paradoxo que vivimos estes días, coas nosas cidades e vilas alumeadas por millóns de lámpadas de Nadal mentres miles de cidadáns non poden gozar dos seus dereitos básicos, a Oficina de Dereitos Sociais do barrio vigés de Coia Galiza Contrainfo realizan un video para visibilizar unha realidade invisible: a das veciñas e veciños desta cidade que sofren cortes de electricidade todo o ano, tamén en Nadal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta