Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2024 | Actualizada ás 17:31
O helicóptero de rescate Pesca II, de Gardacostas, recuperou ao mediodía deste sábado o cadáver dun home que caeu ao mar nos cantís de Loiba, no municipio coruñés de Ortigueira. Un particular alertou ao 112 pasadas as 14:00 horas de que unha persoa caera ao mar desde os cantís. Nese momento púxose en marcha un operativo formado polos Bombeiros das Pontes, o GES de Ortigueira, a Garda Civil e Protección Civil.
Segundo testemuñas presenciais, parece ser que o falecido era de León. Estaba a se sacar un selfie xunto ao cantil, preto do coñecido banco da zona, cando perdeu a estabilidade debido ao vento e caeu. Varias persoas que estaban alí para gozar da paisaxe quedaron conmocionadas polo tráxico acontecemento, e o banco foi acordoado. No mar, actuaron unha salvamar de Salvamento Marítimo e o helicóptero Pesca II, que finalmente recuperou o cadáver do home, que quedara mergullado.
Ver esta publicación en Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Un mozo de 18 anos di que quere ser encarcerado pola mala relación que ten coa familia
- Dous viaxeiros ebrios tentan agredir a un maquinista nun tren
- Os horarios e frecuencias dos trens en Galicia non se axustan ás necesidades dos usuarios
- A alcaldesa da Coruña estoupa contra a Xunta: "Queren torpedear o acceso á vivenda por cuestións ideolóxicas"
- Folga pola situación laboral "insustentable" da concesionaria de coches Yáñez en Santiago, A Coruña e Ferrol
- O Goberno aproba a voluntariedade de que as gandarías dispoñan de veterinario e de plan sanitario