Os alcaldes das mareas anuncian unha fronte común para reforzarse

Dez rexedores de todo o Estado, entre eles, os da Coruña, Santiago, Ferrol, Barcelona ou Madrid, descartan competir e denuncian o "afogamento financieiro" ao que están sometidos. Amosanse contrarios á unha intervención militar en Siria.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/11/2015 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

Alcaldes e representantes de dez cidades nas que gobernan listas populares acordaron este sábado realizar unha fronte común para cooperar, reforzar posicións conxuntas e evitar a competencia. Neste sentido, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anfitrión do foro "Cidades polo Ben Común", apostou pola colaboración conxunta para ser, dixo, "máis fortes".

Alcaldes e representantes de dez cidades onde gobernan as mareas que se deron cita na Coruña no foro Cidades polo Ben Común
Alcaldes e representantes de dez cidades onde gobernan as mareas que se deron cita na Coruña no foro Cidades polo Ben Común | Fonte: Concello da Coruña

Ao rexedor coruñés acompañárono no palacio de María Pita, sede do Concello, os seus homólogos de Barcelona, Ada Colau; Santiago de Compostela, Martiño Noriega; Ferrol, Jorge Suárez; Valencia, Joan Ribó; e Zaragoza, Pedro Santisteve, e outros representantes de Madrid, Oviedo, Pamplona e Cádiz.

"Colaboramos durante a formación das candidaturas, axudámonos uns a outros e a idea é que siga así no Goberno. Que non compitamos entre nós e que colaboremos para facernos máis fortes", apuntou Ferreiro ante os medios de comunicación.

O seis alcaldes e o resto de representantes municipais reuníronse no Consistorio coruñés para abordar asuntos sobre mobilidade, medio ambiente, facendas locais, economía sustentable e consumo responsable, transparencia, participación e seguridade cidadá.

O obxectivo final tamén está vinculado á importancia dos proxectos comúns á hora de conseguir fondos comunitarios, pois a Unión Europea premia as ideas conxuntas de diferentes localidades, algo polo que avogou Ferreiro.

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, co rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro
A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, co rexedor da Coruña, Xulio Ferreiro | Fonte: Concello da Coruña

Denuncian "afogamento financieiro"

No marco desta xuntanza, o alcalde de Zaragoza, Pedro Santisteve, tamén denunciou que as cidades españolas, e en particular as que participan neste foro, sofren un afogamento financeiro" que lles impide "atender os problemas da xente do montón".

Tras unha reunión de preto de dúas horas, o rexedor de Zaragoza detallou que "todos os concellos rebeldes" continúan "en pos dunha mellor coordinación para mellorar a situación de precariedade" pola "débeda" que os afoga".

Criticou tamén que "a oposición tenta socavar calquera decisión que queremos tomar", aínda que eles pretenden facer todo con "honradez, limpeza, transparencia e participación cidadá".

"Non á guerra"

Os alcaldes e representantes destas cidades, xunto con algo máis de duascentas persoas, tamén se concentraron na cidade herculina para rexeitar a guerra en Siria. Ao acto uniuse o rexedor de Oleiros, Anxo García Seoane.

Os presentes gritaron consignas como "Non á guerra", "Nunca máis" e "Non no noso nome", pois esta última frase daba nome á iniciativa. Ferreiro explicou aos medios de comunicación que o que desexan é "apoiar o sentido común da maior parte da poboación" que, "pese á dor e a conmoción polos atentados de París", sabe que o problema "non se arranxa con máis violencia".

"Débense tomar medidas coordinadas que respecten a legalidade internacional e que respecten as vidas das persoas que viven en Oriente Medio", apuntou.

Os alcaldes desprazaranse a Santiago de Compostela, onde serán recibidos polo alcalde, e posteriormente voltarán á Coruña para participar nun acto organizado pola formación Marea Atlántica, o grupo que goberna a cidade.

Neste evento, previsto en palacio de exposicións e congresos Palexco a partir das 19:30 horas, ten previsto participar tamén o alcalde de Cádiz, Pedro González "Kichi" e o secretario Político de Podemos, Íñigo Errejón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

9 ALEX889

Los chicos de la sexta! Onde ides asinar autógrafos? Guau! Xente da tele en Galicia! Que superguai!

8 Comunista no independentista

Sois un fraude. Sois la "marca de Podemos" (medios de comunicación) en los distintos territorios. Engañáis al personal aliándoos con aventureros sin escrúpulos. Iros a la mierda. Salud y República.

7 Rayleigh

A ver rapaces..non entendedes nada. Estes son rebeldes, non pola súa xestión, respeto, decisións, ideas...non. Son rebeldes por que O DIN ELES. E punto!! Calqueira que estea en contra deles ou é un infiltrado da cova da UPG ou un CM pepeiro. E xa está. Non se lles pode criticar (eles en cambio, é o único que fan e saben facer), son perfectos e anticasta. Somos a populacho que non entendemos a marabillosa sorte que temos de ter a este xente reuníndose en chachipandi. Non demostraron aínda NADA. Pero son exemplo de todo. Por certo...unha curiosidade. Para o ano que ven, cal vai a ser o voso nome? PODEMOS AGE en MAREA? En Marea AGE? AGE en Marea? Marea en UPA (Unión do Pobo Altermundista)-PODEMOS?

1 Rayleigh na cova

Este Rayleigh ten a rara cualidade de acusar os demais do que os seus adolecen. Por suposto, os cegos da cova platónica da UPG ven sombras é pensan que se trata da realidades. Falan dun país inexistente forxado no calorciño militante e nas charlas de café. Tratase dun discurso manido, obtuso, que xa era vello cando aqueles rapaces crearon o grupo Brais Pinto no Madrid dos 60. Farfullaban lecturas anticoloniais mal asumidas mentres o mundo ardía en otros lugares. Dalgún xeito para persoas como Rayleigh a ideoloxía e un asideiro para non naufragar. Necesita istas confrontacións absurdas con xente de ideología próxima porque os seus adoquins ideolóxicos son tan febles que so recobran vida cando entran en combustión con rivais directos. Cando Rayleigh di que os demais non fan nada está falando de si mesmo e somatizando o seu propio malestar a través dos outros. ÉLl sinte que non fai nada e polo tanto os demás non fan nada. Certo, un cego mais na cova platonica.

6 Corvo Negro

Traballan moito istos rapaces do Bloque para intentar cubrir as súas carencias cun mensaxe integrista e reaccionario dende o seu suposto patriotismo Xentiña desnortada e falaz que se cre co comopolio da galeguidade cando as súas ideas son simples importacións de ideas alleas mal entendidas. Onte tocaba nacionalismo integrador, hoxe toca soberanismo maís ou menos independentista. Estratexías de cangrexo, teorias postdarwinianas intentando demostrar quen ten pasaporte galego e quen non, para esconder unha praxis política tan indigna e ineficaz como a dos otros grupos da trama bipardtidista a que por certo apenas atacan proecupados como están por que lles quiten as papas a nova xente das Mareas

5 Gamela

Eu non sei do que falarían (?) pero o que escoitei non foi máis cun "mitin" sen concretar absolutamente nada de nada... ! Se as Mareas non son quén de dar ALTERNATIVAS que anden con ollo, non vaia a ser que actos coma o de Palexco "resten votos" en lugar de sumalos ! Ogallá CBC sexa algo máis que outro nome baleiro !!! / https://youtu.be/DlWfiHfz8jA?t=55m1... //