"Para privatizar non hai problema, pero non podemos gastarnos nin 1.000€ nunha empresa pública"

Xulio Ferreiro sae ao paso das críticas ao encontro de alcaldes das mareas na Coruña e Santiago. O edil destaca a nova colaboración entra as cidades e adianta un foro para estudiar remunicipalizar servizos públicos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/11/2015 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, defendeu os resultados do encontro municipalista celebrado na cidade, que reuniu no Pazo de María Pita aos rexedores e rexedoras de Barcelona, Zaragoza, Valencia, Santiago de Compostela e Ferrol, así como a representantes municipais de Madrid, Oviedo, Cádiz e Badalona. O líder da Marea Atlántica aclarou que o gasto público na xuntanza foi mínimo, tras as críticas do PSOE e do PP. 

Encontro “Cidades polo ben común”
Encontro “Cidades polo ben común”

Nunha entrevista en Radio Coruña, o primeiro edil dixo que “creo que nunca no Estado español se viu ao Goberno de Barcelona e ao de Madrid traballar xuntos; tampouco ao de Compostela e ao da Coruña”. O político coruñés  incidiu na necesidade de que “os concellos cooperen, e non compitan”. Así o declarou no marco dunha entrevista radiofónica na que tamén estivo acompañado por Pedro Santisteve (Zaragoza) e Martiño Noriega  (Compostela).

“Hai uns problemas que parecen comúns en todos os concellos, como puidemos ver onte, como é o que atinxe ao marco legal económico no que se nos permite movernos, a taxa de reposición, a contratación de funcionarios...son problemas graves que nos impiden, por exemplo, non ter a máis xente traballando en servizos sociais”, explicou.

“Legalmente, se privatizamos servizos non hai problema...non obstante, non nos permiten destiñar 1.000 euros á creación dunha fundación ou unha empresa pública, é absurdo”, resolveu Ferreiro, que adiantou que, nas próximas semanas, o Concello traerá á cidade “a un grupo de expertos para falar e reflexionar sobre a remunicipalización e os servizos públicos, nunha experiencia especialmente interesante”. O primeiro edil tamñen fixo fincapé na decisión do grupo de Goberno de “solicitar información de todas as contratas do Concello da Coruña, para coñecer a súa xestión e as súas prácticas laborais”.

Sobre o custe da reunión para a Coruña, Ferreiro dixo que “este encontro municipalista tivo un gasto para as arcas municipais que se traduciu en cafés e billetes de autobús e de tren, xa que os desprazamentos foron en transporte público”, indicou o alcalde, que aclarou que os invitados custearon os seus desprazamentos dende as cidades de orixe ata A Coruña, así como o seu alonxamento e manutención. 

“Creo que as xerras de café e os billetes non son un gasto excesivo por ter a cidade no foco da actualidade durante toda unha fin de semana, reunindo aos rexedores e rexedoras dos concellos máis importantes do Estado”, comentou. 

O gasto público neste encontro de candidaturas rupturistas  foi criticado polo PSdeG en Santiago de Compostela, onde os alcaldes acudiron a unha recepción, e o PP da Coruña. En Compostela, o voceiro socialista local, Paco Reyes, critico que "se empreguen fondos públicos nunha recepción e xantar a responsables políticos de localidades gobernadas polas coñecidas como mareas cidadáns". Para Paco Reyes, é "inaceptable" que o rexedor compostelán organice na "casa de todos" un "acto claramente partidista e mesmo electoralista".

O alcalde da Coruña  quixo aclarar que o Concello da Coruña non custeu en forma alguna ningún acto, máis alá da recepción de alcaldes e alcaldesas e as mesas de traballo que tiveron lugar estas xornadas entre representantes municipais. “Na noite de onte houbo un acto político en Palexco, que foi pagado Marea Atlántica”, indicou.

Fomos e seremos sempre totalmente escrupulosos cos cartos públicos. Que o PP, investigado por financiacións relacionadas coa Gürtel, con problemas a nivel municipal coas operacións Pokémon e Pikachu, poida deslizar a máis mínima dúbida sobre nós a este respecto, parécenos un sinsentido”, dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 Asun

Los chicos de la tele! Que ilusión! Quiero un autógrafo ya!

8 Mareante

Grande, Xulio. Hai Marea!!!

7 Chindasvinto

Menos estudos a máis acción ..XA!

6 Androide

E por qué non pagaron cos seus cartos o café e o transporte se o que fixeron foi un acto de partido? Ou de candidaturas electorais, tanto ten. Xa hai que ser agarrado!

5 cachamuiña

En Ferrol, algo tan nimio como xestionar os locais municipais de ensaio sácano a concurso para que o xestione unha empresa privada é logo din que son " concello rebelde"