Temas: LUGO MOSAICO CELTA

Procurando a identidade atlántica galego-portuguesa nos mosaicos romanos

Presentadas este sábado en Coímbra as actas do Encontro Portugal-Galiza sobre "Mosaicos romanos: Fragmentos de cultura nas proximidades do Atlántico".

Por Galicia Confidencial | Coímbra | 30/11/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As especificidades dos mosaicos romanos de Portugal e Galicia están servindo a investigadores de varios países para procurar unha identidade atlántica conxunta que partillaron as dúas beiras do miño durante centos de anos.

Un dos mosaicos da Casa dos Mosaicos de Lugo
Un dos mosaicos da Casa dos Mosaicos de Lugo | Fonte: ardelucus.com

Intégranse nestas investigacións o grupo de mosaicos descubertos en Portugal nas últimas décadas, especialmente, os das estacións arqueolóxicas de Conímbriga (Condeixa-a-Nova), Rabaçal (Penela) e Santiago da Garda (Ansião) , entre outras, adiantou.

Segundo apunta o investigador e arqueólogo Miguel Perssoa, "ainda hoje, um calceteiro da região sabe bem onde estão as cores". Tamén onde se atopan os filóns de calcario de distintos tonalidades que utiliza nos deseños da calzada portuguesa, 2.000 anos despois da concepción dalgúns dos máis importantes mosaicos.

Neste sentido, o coordinador do Museo da Villa Romana do Rabaçal, no concello de Penela, suliñou á Axencia Lusa a importancia destas investigacións, que serán publicadas nas  actas do Encontro Portugal-Galiza sobre "Mosaicos romanos: Fragmentos de cultura nas proximidades do Atlántico", realizado en 2013.

O libro das actas presentouse este sábado no Museo do Rabaçal, no distrito de Coímbra. Neste encontro, realizado hai dous anos, con sesións no Rabaçal, Braga e Lugo, afondouse na importancia dos mosaicos na concepción da cultura galego-portuguesa. "Foi uma reunião com especificidades muito próprias no âmbito do estudo do mosaico antigo", suliñou Miguel Pessoa, salientando que "están referenciados 250 locais en Portugal" con mosaicos deste tipo.

Con todo, tamén apunta que na arte do mosaico, “houve uma linguagem comum que atravessava todo o Império Romano”, que se estendia por quase toda a Europa, Norte de África, Ásia Menor e Médio Oriente. “A milhares de quilómetros, vamos encontrar coisas iguais em determinados pormenores”, destacou ao salientar o papel dos artistas itinerantes na diseminación dalgunhas das técnicas e motivos dos deseños galego-portugueses.

Temas: LUGO MOSAICO CELTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta