Temas: SANIDADE

Os galegos non van ao dentista e ao médico por ser moi caros

Tamén suspenden aos medios de comunicación (4,67), as administracións públicas (3,98), o empresariado (3,92), as institucións relixiosas (3,53), as institucións europeas e internacionais (3,37), o sistema xudicial (3,30), a banca (2,39) e o sistema político (1,80).

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2015 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

É demasiado caro”. É a contestación que deu case a metade das persoas que participaron nunha enquisa realizada polo Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre a asistencia dos galegos ao médico ou o dentista para recibir atención especializada. E é que, segundo esta enquisa, o pasado ano, un total de 438.017 residentes en Galicia de 16 anos ou maiores manifestaron que necesitaban consultar a un médico ou un dentista e que non o fixeron por razóns económicas.

Quirófano dun hospital galego
Quirófano dun hospital galego | Fonte: lainformacion.com

Segundo este módulo específico de benestar sobre a enquisa estrutural a fogares que publica o IGE, a maior parte dos enquisados consideraba que é demasiado caro (47,63 %) acudir ao dentista ao ao médico, seguido do feito de que non dispuña de tempo debido ao traballo ou a outras obrigacións (16,85 %), de que estaba na lista de espera (10,34 %) ou de que o lugar da consulta era demasiado afastado (2,54 %).

Con todo, máis da metade da poboación residente en Galicia valora a súa situación de saúde como boa (47,41 %) ou moi bo (9,92 %), mentres que algo máis dunha cuarta parte (26,91 %) considérao regular e unha pequena parte cualifícao de malo (7,37 %) ou moi malo (2,07 %).

Por iso, os galegos aproban pola mínima o seu sistema de saúde pública, que obtén un 5,98, de dez puntos. Síguelle en nivel de confianza, as forzas e corpos de seguridade (5,96), o Exército (5,62), as organizacións non gobernamentais (5,60) ou o sistema educativo (5,44).

Suspenso xeral a medios, xustiza, relixión, banca e política

Por outra banda, os galegos desconfían dos grandes medios de comunicación. De feito, non superan o aprobado ao acadar un 4,67. Peor nota teñen  as administracións públicas (3,98), o empresariado (3,92), as institucións relixiosas (3,53), as institucións europeas e internacionais (3,37), o sistema xudicial (3,30), a banca (2,39) e o sistema político (1,80).

Ademais, unha décima parte da poboación galega di ter sufrido un roubo nos últimos cinco anos. En total, 237.000 galegos de 16 anos ou maiores manifestaron. Así mesmo, 1,69 % confesa ser vítima dunha agresión física, mentres que 19,63 % desa franxa de idade indica ter inseguridade cando camiña só de noite pola zona en que reside e 7,63 % confesa moita inseguridade, fronte a 22,46 % que afirma, ao contrario, ter gran seguridade.

Temas: SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gabriel Sánchez

Buenas tardes, en primer lugar me gustaría disculparme por no escribir este comentario en Gallego, ya que lo tengo oxidado. Quiero decir que lo de que los gallegos no vayan al medico por que son muy caros lo veo bien, pero discrepo en el tema de los dentistas jeje. Yo trabajo en la clínica dental de CUIDADENT y el precio de blanqueamiento dental por ejemplo, está bastante barato respecto a otras clínicas de toda España que encima de todo son de renombre, como SANITAS, VITALDENT, ADESLAS, etc. Saludos y que pasen un feliz lunes.

1 Trocomotxo

Impresionante retrato dunha sociedade que se supera a si mesma. Que ademais vota o que vota, expresión da máis alta ignorancia e alienación. Non son eu quen a define..., son eles os que se definen, porque independentemente do que se pensa, "por la boca muere el pez". Despois ademais permítense o luxo de criticar por exemplo aos americanos de Texas porque non queren sanidade pública. A diferencia é que alí en xeral son moito máis ricos e ademais non os friten a impostos para a cambio non dar nada. Iso sí, alí tamén hai unha parte da poboación que se podían chamar "galegos", son os parias do Estado de Texas, que non teñen onde caer mortos (literalmente) pero tampouco queren sanidade pública, porque efectivamente tamén están alienados, apalominados como os de aquí. Ao que non lle guste que lle bote chili....