A Coruña tamén abre as portas aos universitarios chineses

As universidades de Santiago e de Vigo xa contan dende o ano 2010 con centos de universitarios chineses.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/11/2015 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

Este luns a vicerreitora de Relacións internacionais e Cooperación, Natalia Álvarez, e o director da Oficina de Relacións internacionais, Fernando Peña, déronlle a benvida na Maestranza a unha delegación universitaria de Vietnam que está a facer unha visita institucional á Universidade da Coruña.

Delegación universitaria de Vietnam visita a UDC
Delegación universitaria de Vietnam visita a UDC

Trala recepción na Reitoría, a delegación vietnamita visitou o CITEEC, a Facultade de Economía e Empresa e a Escola Técnica Superior de Arquitectura, onde foron recibidos polos respectivos equipos directivos, e coñeceron de cerca a diversidade dos centros da UDC.

Co obxectivo de incrementar os proxectos de internacionalización e de captar estudantes estranxeiros para as titulacións da UDC, téñense establecido relacións académicas con países como China e Vietnam.

En xaneiro chegará o primeiro grupo de estudantes chineses e vietnamitas que, logo de facer un curso intensivo de español no Centro de Linguas, ingresarán no curso 16/17 nos graos da UDC, en diferentes titulacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta